Na rede os primeiros vídeos do Titiriberia 2020

A canle de Youtube de Morreu o Demo ten en aberto, ata o vindeiro 31 de decembro (incluído), os vídeos das primeiras actuacións do Titiriberia 2020. O horroroso crime de Xan Miñoca, de Viravolta Títeres e mais O baúl de Barriga Verde, de Títeres Cascanueces, están dispoñibles, a salvar barreiras, perímetros e Covid-19 varios. Ao longo da xornada iremos publicando novos vídeos cos contidos xa realizados no marco do festival.

Todos os vídeos estarán dispoñibles durante catro días logo da súa publicación na canle de Youtube da AC Morreu o Demo.


Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: