Exposición de títeres nos escaparates

Do 16 ao 31 de xullo estará aberta ao público unha mostra de títeres nos escaparates do comercio local coa que se pretende dar a coñecer o festival e integrar os cristovos na cotidianidade da vila. A proposta valoriza pezas históricas de diferentes compañías de títeres do país e pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade. Na mesma poderán verse bonecos das seguintes compañías:

  • Títeres Babaluva
  • Títeres Alakrán
  • Trécola Producións
  • Os Monicreques de Kukas
  • Viravolta Títeres

A exposición pode verse nos seguintes locais comerciais do Concello de Rianxo:

  • 1. Don Dino
  • 2. Nenis
  • 3. Papelería Ben
  • 4. Costuras para soñar
  • 5. Zapaterías Marty
  • 6. Librería Cándido
  • 7. Peluquería Imperial
  • 8. Pasarela Boutique
  • 9. Farmacia Javaloy
  • 10. Centro veterinario
  • 11. Agua Estilistas
  • 12. Electrodomésticos O César
  • 13. Material de construción Luis Vidal (Araño)
  • 14. Ferretería Aurora (Asados)
  • 15. Peluquería de caballeros David (Taragoña)

Xogo: Á procura de Lupe

Para fomentar ás visitas á exposición organizamos o xogo “Á procura de Lupe” no que as persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival, para entrar nun sorteo de produtos locais.

O xogo consiste en atopar a figura Lupe, a protagonista do cartel do festival deste ano, agochada na forma dun recortable de cartolina polos escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres. Se es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 8 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival .

“Ola! Esta é Lupe, a mestra de cerimonias do festival. É pequena, azul e gusta de xogar ás agochadas. A última vez que a vimos os seus amigos monicreques estaba de tendas pero agora non damos con ela. E andamos desesperados buscándoa porque sen Lupe non pode comezar a función. Percorre os escaparates de Rianxo e axúdanos a atopala. Se descobres o seu agocho en cando menos oito comercios entrarás nun sorteo dun lote de produtos locais e camisetas do Festival”.

Como participar:

  • 1- Recolle nas tendas participantes a folla de participación.
  • 2- Percorre os escaparates na procura de Lupe. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.
  • 3- Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.
  • 4- Poderás participar entre o 16 de xullo e o 2 de agosto 
  • 5- O sorteo realizarase o 3 de agosto. Os premios poderán recollerse a partir desa data nos locais de ARE
  • 6- Cómpre que as follas recollan un mínimo de 8 agochos para participar no sorteo
  • 7- As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.
  • 8- A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o  medio facilitado nos boletíns de participación. 
  • 9- No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.
  • 10- As identidades  das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.
  • 11- Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.
  • 12- A base para o tratamento dos datos é o consentemento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
  • 13- A participación no certame implica a aceptación destas bases.

A actividade desenvólvense en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE)
https://www.facebook.com/rianxocca/
https://are.gal/Inicio/gl/

Fotografías da exposición, realizadas por Kukas


Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: