I Certame de Creación de Títeres Titiriberia – Somos Rianxo

Bases

Titiriberia, festival de títeres tradicionais, en colaboración coa Asociación Somos Rianxo, organiza un concurso para escoller as mellores marionetas da vila. Esta iniciativa pon en valor o coñecemento adquirido polas crianzas nos obradoiros de creación de títeres que se imparten nas diferentes edicións do festival e mais na aprendizaxe neste campo que ten
recibido o alumnado no marco do programa didáctico Da Barraca á Aula que desenvolve a AC Morreu o Demo nos centros de ensino locais.

  1. Poden presentarse ao certame todos os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorias e un premio por categoría:
    1o @S IMAXINATIV@S (de 3 a 5 anos)
    2o @S INXENIOS@S (de 6 a 8 anos)
    3o @S CREATIV@S (de 9 a 12 anos).
    Os premios consisten en 3 lotes compostos de 1 camiseta do festival Titiriberia + 1 un diploma da Escola de Títeres Barriga Verde (cedidos pola Asociación Morreu o Demo+ un conxunto de varios agasallos (cedidos por Somos Rianxo)
  2. A técnica e temática dos títeres é libre. So teñen que estar feitos con materiais reciclados ou de refugallo.
  3. Cada participante pode presentar unha soa peza.
  4. Os monicreques deben presentarse antes do 28 de agosto de 2022, nos locais de Somos Rianxo participantes na iniciativa:
    • Nino Pieri
    • Ludoteca Agarimo
    • Degalmar
    • Belén Ordoñez
    • Pastelería Saraiba
    • Eduardo Varela e Hijos
    • Zapateria Marty
    • Farmacia Cerqueiras
    • Xoieria Bravo
    • Conxelados O Muelle
    • Cafeteria Saraiba
    • Cenor
    • Merceria Punthadas
    • Peluqueria Pelos
    • Kiosko JoséRamon
    • Acuarela
    • Estanco Xacobiño
    • Cafeteria Braisa
    • Pasteleria Follas Novas
    • Floristería A MARTELA
  5. O títere debe ir nunha caixa e estar identificado cos datos personais d@s artistas (nome, idade, teléfono de contacto do pai, da nai ou tutor d@ nen@ e enderezo mail), co nome da personaxe e opcionalmente cun perfil ou unha breve explicación do mesmo.
  6. Todas as persoas participantes no certame recibirán un diploma da Escola de Títeres Barriga Verde, emitido pola Asociación Morreu o Demo que se remitirá ao enderezo mail que facilitase no formulario de participación.
  7. Unha vez rematado o prazo de presentación organizarase unha exposición desde o 5 ao 19 de setembro de 2022 no Auditorio de Rianxo con todas as obras participantes.
    Todas as obras devolveranse ás persoas propietarias con posterioridade. Para isto contactarase con cada participante nos datos de contacto que facilitase no formulario de participación.
  8. Durante a mostra e con data límite o día 19 de setembro, o público visitante poderá escoller os seus títeres preferidos a emitir un voto por categoría. O que máis votos obteña en cada categoría recibirá un lote de produtos, ademais do diploma da Escola de Títeres.
  9. A organización do certame Somos Rianxo fará o reconto de votos entre os días 20 a 23 de setembro, día en que fará público o nome das tres persoas premiadas nas súas redes sociais, e comunicarase co@s autor@s máis votadas mediante o contacto facilitado na entrega da peza. As persoas gañadoras terán que recoller o seu premio nun prazo de 15 días.
    11.As imaxes das obras presentadas ao festival así como as identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer o 23 de setembro de 2022, a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e de Somos Rianxo.
    12.Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún outro tipo a partir dos mesmos.
    13.A base para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do certame e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
    14.A participación no certame supón a aceptación das bases, que poderán sufrir modificacións previo aviso da organización.

Organizan: Titiriberia. Olladas sobre os cristovos e Somos Rianxo

Colabora: Concello de Rianxo

Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: