Do 13 ao 30 de xullo de 2023 estará aberta ao público unha mostra de títeres monográfica da compañía Monicreques de Kukas nos escaparates do comercio local dentro da programación do VIII Festival Titiriberia. Nesta iniciativa, que pretende contribuír a integrar os cristovos na cotidianidade da vila poderá verse unha selección de títeres do espectáculo Arlequina, que a compañía levou a escena en 2019 a celebrar os seus 40 anos de andaina. As pezas supoñen un percorrido por toda a carreira destes pioneiros dos títeres galegos modernos, con bonecos de diferentes técnicas e estéticas que amosan a mestría dunha compañía que recibíu o Premio da Cultura Galega entre outros importantes recoñecementos.
A exposición pode verse nos seguintes locais comerciais do Concello de Rianxo (inclúen ligazón coa localización):
- 1. Don Dino
- 2. Nenis
- 3. Costuras para soñar
- 4. Zapaterías Marty
- 5. Librería Cándido
- 6. Peluquería Imperial
- 7. Pasarela Boutique
- 8. Farmacia Javaloy
- 9. Auga Estilistas
- 10. Material de construción Luis Vidal (Araño)
- 11. Ferretería Aurora (Asados)
- 12. Peluquería de caballeros David (Taragoña)
Xogo: Á procura de Lupe
Por segundo ano organizamos o xogo “Á procura de Lupe” no que as persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival, para entrar nun sorteo de produtos locais.
O xogo consiste en atopar a figura Lupe, mascota do festival, agochada na forma dun recortable de cartolina polos escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres. Se es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 8 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival .
Como participar:
1- Visita a exposición de Os monicreques de Kukas do 13 ao 30 de xullo de 2023 e recolle nas tendas participantes a folla de participación.
2- Percorre os escaparates na procura de Lupe. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.
3- Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.
4- Poderás participar entre o 13 de xullo e o 2 de agosto de 2023
5- O sorteo realizarase o 4 de agosto de 2023. Os premios poderán recollerse a partir desa data nos locais de ARE
6- Cómpre que as follas recollan un mínimo de 8 agochos para participar no sorteo
7- As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.
8- A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o medio facilitado nos boletíns de participación.
9- No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.
10- As identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.
11- Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.
12- A base para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
13- A participación no certame implica a aceptación destas bases.
A actividade desenvólvense en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE)
https://www.facebook.com/rianxocca/
https://are.gal/Inicio/gl/
Fotografías da exposición
Fotógrafo: Marcelino de Santiago “Kukas”
1 Response
[…] na programación do TITIRIBERIA 2023 cunha exposición das marionetas de ARLEQUINA, a representación de VIVA VIVALDI (1,2,3 e catro estacións) e na mesa […]