Exposición de títeres nos escaparates e concurso 2024: Marionetas do mundo

Do 19 de xullo ao 18 de agosto de 2024 está aberta nos escaparates de diferentes establecementos comerciais de Rianxo esta exposición que repasa as diferentes formas que adquiren as marionetas ao longo do noso planeta.

O teatro de marionetas espallase pola case totalidade de pobos do mundo. Todos eles, con maior ou menor presenza, teñen teatro de monicreques de seu, cos seus personaxes tradicionais e as súas formas específicas de representar. No mundo islámico profesionais desta arte dramática conseguen burlar con ela a expresa prohibición coránica de representar figuras humanas e animais. Un exemplo tanxible atopase en Turquía con  Karaghoz, o teatro tradicional de sombras deste país.

A diversidade de personaxes implica a súa vez unha inmensa variedade de modos de levar a escena as historias, desde os teatros tradicionais de Asia con espectáculos vinculados aos cultos relixiosos e agrarios ata as marionetas case industrializadas do mundo occidental.

Esta exposición, que parte dos fondos que acumulou a histórica compañía Viravolta Títeres, amosa unha selección das formas que adquire esta arte e pon de relevo como, por baixo da variedade formal, mantense unha mesma pulsión por contar historias a través de obxectos.

A exposición pode verse nos seguintes locais comerciais do Concello de Rianxo (inclúen ligazón coa localización):

Locais e localizacións

  1. Don Dino 
  2. Cenor ROT 
  3. Europunto
  4. Nenis
  5. Costuras para soñar
  6. Irazi
  7. Zapaterías Marty
  8. Pasarela Boutique
  9. Material de construción e ferraxería Luis Vidal
  10. Peluquería David

Xogo: Á procura de Lupe

Por terceiro ano organizamos o xogo “Á procura de Lupe” no que as persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival, para entrar nun sorteo de produtos locais.

O xogo consiste en atopar a figura Lupe, mascota do festival, agochada na forma dun recortable de cartolina polos escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres. Se es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 8 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival .

Como participar:

1- Visita a exposición de Títeres do mundo do 19 de xullo ao 18 de agosto de 2024 e recolle nas tendas participantes a folla de participación.

2- Percorre os escaparates na procura de Lupe. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.

3- Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.

4- Poderás participar entre o 19 de xullo e o 18 de agosto de 2024

5- O sorteo realizarase o 21 de agosto de 2024. Os premios poderán recollerse a partir desa data nos locais de ARE

6- Cómpre que as follas recollan un mínimo de 6 agochos para participar no sorteo

7- As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.

8- A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o medio facilitado nos boletíns de participación.

9- No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.

10- As identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.

11- Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.

12- A base para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.

13- A participación no certame implica a aceptación destas bases.

A actividade desenvólvense en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE)
https://www.facebook.com/rianxocca/
https://are.gal/Inicio/gl/


Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: