Curso de manipulación de títeres históricos da Rep. Checa e de construción de teatros de papel
Impartido por Marie Jirásková e Pavel Jirásek (Especialistas convidados desde a Rep. Checa)
Información en galego sobre o curso
Información en castellano sobre el curso
• 13 e 14 de agosto
• LUGAR: Auditorio Municipal de Rianxo
• PREZO DO CURSO: 50€ sen aloxamento
*25% de desconto ao voluntariado do festival
* Becas UNIMA secretaria@unima.es
• INSCRICIÓN: reserva por orde de inscrición e pago / info@barrigaverde.eu
• PRAZO: Solicitude con datos persoais de contacto antes do día 9 de agosto
• DIRIXIDO A: +16 anos (persoas adultas que desexen achegarse a coñecer a tradición titiriteira da Rep. Checa e aos títeres con trucaxe da familia Jiráskovi, tradución consecutiva de Eufrasio Lucena Muñoz )
Marie Jirásková é unha recoñecida escenógrafa, coleccionista e experta en títeres históricos checos. Neste obradoiro de creación artística levaranos á tradición checa do teatro familiar, pensada fundamentalmente como xogo doméstico para a cativada. Este entretemento infantil desenvolvíase dentro dos chamados teatros de papel, nos que desempeñaban un rol esencial as escenografía e os monicreques, tanto os creados por mestres artesáns coma polo propio entorno familiar. Durante as sesións, as persoas participantes coñecerán técnicas de papel para crear un teatriño propio, familiarizarase con diferentes pautas da tecnoloxía do movemento e contarán coa oportunidade inigualable para practicar a manipulación de títeres históricos con inxeniosos trucaxes pertencentes á colección familiar dos Jiráskovi.
Os contidos do curso serán personalizados e adaptados tanto para público sen coñecementos previos como para persoas con nocións sobre o manexo de títeres e mesmo para profesionais.
A complementar os contidos do curso, as persoas participantes poderán disfrutar dunha visita guiada á exposición. Ademais, o programa do festival inclúe unha proxección audiovisual de filmacións de diferentes títeres históricos checos comentadas por parte da familia Jiráskovi. Nas mesmas, repásase a estética e a técnica de manipulación centroeuropea, en versión orixinal con tradución ao castelán. Ao remate da actividade a investigadora Marie Jirásková presentará os catro libros que realizou sobre a colección familiar de títeres históricos.
DÍAS E HORARIOs:
MARTES 13 de agosto
10:00 a 14:00 Curso
19:30 Visita guiada pola exposición
MÉRCORES 14 de agosto:
10:00 a 14:00 Curso
17:30 Proxección: Os títeres de tradición centroeuropea no audiovisual / Presentación de libros
Exposición: Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi
A recoñecida especialista en títeres checos Marie Jirásková achega, en colaboración co investigador Pavel Jirásek, unha selección da colección de títeres familiar. A colección da familia Jiráskovi inclúe marionetas, bosquexos, debuxos e fotografías históricas e representa unha das maiores coleccións privadas de marionetas do seu país, a República Checa. Hai unha gran variedade de técnicas e mecanismos na manipulación das marionetas. A mostra que se presentará en Rianxo céntrase nas “marionetas clásicas” e “marionetas con trucaxe” desde o século XIX, que implican mecanismos específicos e sorprendentes nos seus personaxes. A convulsa historia da República Checa supón unha amalgama diversa de tradicións que tamén converxen e enriquecen o arte das marionetas. Na mostra poderán verse, en contexto, os diferentes mecanismos especiais para trucos, cambios rápidos ou efectos específicos nun espectáculo de obxectos.
A mostra complementarase con visitas guiadas por parte da familia Jiráskovi.
Inauguración: Luns 12 agosto ás 19:30h
Visitas guiadas para todos os públicos os días 12 e 13 agosto ás 19:30h
Duración: 60 minutos.
Todas as actividades contarán coa tradución consecutiva de Eufrasio Lucena Muñoz
Deseñadora de escenografía e vestiario, especialista en títeres e artista plástica
Marie Jirásková (1964) é unha artista visual que mixtura a súa labor artística coa docencia de Escenografía e Vestiario, ademáis dunha recoñecida traxectoria como especialista do títere checo desde a primeira metade do século XX.
Director de cine e audiovisual, especialista en títeres e artista plástico
Pavel Jirásek (1963) é músico, escritor, guionista e director de cinema. Combina a súa labor creativa e de coleccionista coa docencia e traballos na Televisión Nacional Checa (Česká televize), onde salientan programas e documentais de carácter cultural.
Organiza Asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia.
Exposición e Curso co apoio de Unión Europea. Fondos Next Generation EU, Plan nacional de renovación (República Checa), Ministerio de Cultura da República Checa, JAMU – Facultad de Teatro – Academia de Artes Escénicas Leoš Janáček – Brno – República Checa, Embaixada da República Checa en Madrid, Centro Checo en Madrid.
– Embaixada da República Checa en Madrid
WEB: https://mzv.gov.cz/madrid/es/
https://www.facebook.com/embajadachecamadrid
https://x.com/CzechEmbMadrid
https://www.instagram.com/embajadacheca.esp/
– Centro Checo
WEB: https://madrid.czechcentres.cz/
https://www.facebook.com/centrocheco
https://www.instagram.com/centrocheco/
– Facultade de Teatro – Academia de Artes Escénicas Leoš Janáček (JAMU) en Brno (Rep. Checa)
WEB: https://en.df.jamu.cz/
https://www.facebook.com/jamutheatre
https://www.instagram.com/df_jamu/