Titiriberia despide domingo a súa novena edición con Títeres Alakrán e Títeres desde Abajo

O festival remata este domingo tras ofrecer máis de trinta funcións e actividades da man dunha vintena de compañías

Rianxo, 17 de agosto de 2024.- O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, remata mañá a súa novena edición. Títeres Alakrán e Títeres desde Abajo encargaranse de lle poñer o ramo ao festival. Títeres Alakrán ofrecerá un novo pase do seu espectáculo A vella do gaiteiro, estreado en coprodución con Titiriberia este ano. Esta montaxe de Títeres Alakrán, especialmente pensada para pasarrúas, emprega unha figura tallada para crear a ilusión dunha señora a portar un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta este acompáñase de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura a xerar asombro e risos entre o público. Será ás 12.30 horas e o seu percorrido abranguerá dende o Paseo da Ribeira ata a Praza Castelao.

Na praia de Tanxil, ás 13.00 horas, concluirán as funcións deste noveno Titiriberia. Os andaluces de Títeres desde Abajo presentarán Cuentos de la Andariega. Cargados de contos e vivencias, Juan e Juana percorren alegres os camiños. En cada praza, en cada escola, representan as súas historias verdadeiras. Un homenaxe ao oficio titiriteiro e a aqueles que seducidos polo ideal de liberdade e a vontade artística percorrían as aldeas cos seus carros e furgonetas.

Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: