
Do 22 de xullo ao 18 de agosto de 2025 está aberta nos escaparates de diferentes establecementos comerciais de Rianxo esta exposición que repasa as marionetas que o artesán Borja Insua creou para a compañía Títeres Alakrán ao longo de 25 anos de carreira.
A mostra está composta unha selección dos fondos que acumulou a compañía ao longo dos anos a amosar as diferentes técnicas, materiais e estilos con que se poden elaborar personaxes pensados para o seu uso dramático en escena.
Marionetas de variña, de luva, de fio ou mesa, arman un compendio de toda a carreira desta compañías. Auténticas esculturas feitas en madeira e en cartón pedra, que se puideron ver en montaxes como Os soños na gaiola, O ferreiro e o diaño, Marionetas de fío ou mesmo en propostas doutras compañías, dan conta da versatilidade e da arte deste artesán e titiriteiro.
A exposición pode verse nos seguintes locais comerciais do Concello de Rianxo (inclúen ligazón coa localización):
Locais e localizacións
- Don Dino
- Cenor ROT
- Óptica Rianxo
- Nenis
- Costuras para soñar
- Irazi
- Zapaterías Marty
- Material de construción e ferraxería Luis Vidal
- Peluquería Imperial
- Estanco Xacobiño
Xogo: Á procura de Lupe
Por cuarto ano organizamos o xogo “Á procura de Lupe” no que as persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a mestra de cerimonias do festival, para entrar nun sorteo de agasallos e camisetas do festsival.
O xogo consiste en atopar a figura Lupe, mascota do festival, agochada na forma dun recortable de cartolina polos escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres. Se es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 8 locais entrarás nun sorteo de agasallos e camisetas do festival .
Sortearanse 3 lotes de agasallos para público infantil e outros 3 destinados a público adulto que inclúen vales de compra nos comercios de ARE.
Como participar:
1- Visita a exposición de 25 anos de Títeres Alakrán, do 22 de xullo ao 18 de agosto de 2025 e recolle nas tendas participantes ou no festival a folla de participación.
2- Percorre os escaparates na procura de Lupe en familia. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.
3- Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.
4- Poderás participar entre o 22 de xullo e o 18 de agosto de 2025.
5- O sorteo realizarase o 21 de agosto de 2025. Os premios, tanto para adultos como para crianzas, poderán recollerse a partir do lúns seguinte nos locais de ARE.
6- Cómpre que as follas recollan un mínimo de 8 agochos para participar no sorteo.
7- As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.
8- A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o medio facilitado nos boletíns de participación.
9- No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.
10- As identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.
11- Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.
12- A base para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
13- A participación no certame implica a aceptación destas bases.
A actividade desenvólvense en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE)
https://www.facebook.com/are.rianxo
https://are.gal/Inicio/gl/
