Escola de títeres Barriga Verde 2026: Manipulación de Marionetas Teatro Dom Roberto

A coincidir co XI Titiriberia, que se desenvolverá en Rianxo este verán, volve a Escola de Títeres Barriga Verde. Este espazo de formación para profesionais e persoas afeccionadas a esta arte conta nesta xeira co mestre portugués José M. Valbom Gil de S.A.Marionetas. O curso, que se desenvolverá entre os días 21 e 23 de agosto, achegará nocións básica do Teatro Dom Roberto, forma do portuguesa do títere de cachaporra estreitamente vinculado ao noso Barriga Verde.

Os obxectivos dunha acción de formación deste tipo divídense en dúas partes igualmente importantes: A historia da forma artística e a manipulación de marionetas. Nese sentido, abordarase esencialmente desde unha vertente técnica  o traballo de marionetista (manipulador). No mesmo sentido, incidirase sobre aspectos xenéricos do teatro Dom Roberto, as súas orixes, evolución, e aspectos particulares da manipulación das marionetas, especificamente a manipulación de marionetas de luva.

Non se pretende, non entanto, formar actores/manipuladores, unha vez que tal cousa non sería posible, pero si transmitir a aqueles que dalgunha forma se interesan polo fenómeno da marioneta, sexa por circunstancias profesionais ou por mera curiosidade ou interese, os coñecementos técnicos, por unha banda, que lles permitan motu proprio desenvolver as súas capacidades como construtores de marionetas e por outra banda o contacto cos rudimentos básicos do traballo de marionetista ou manipulador, que lles permitan adquirir a capacidade de animar obxectos inanimados.

Dentro dos contidos trataranse cuestión como:

-Historia: Formas tradicionais de teatro de marionetas e a súa orixe. Evolución en Europa entre os séculos XVIII e XXI. O caso portugués.

– Contacto con formas animadas: Técnicas de manipulación. Rutinas. Espazo escénico.

– Escenificación: Expresión dramática e convivencia. Xogo dramático. Voz, corpo e equilibrio. 

– Presentación dun pequeno xogo dramático.

ESCOLA DE TÍTERES BARRIGA VERDE

Manipulación de Marionetas Teatro Dom Roberto

Impartido por José M. Valbom Gil de S.A.Marionetas (Portugal)

21, 22 e 23 de agosto 2026

Descubre a arte do Teatro Dom Roberto nun obradoiro práctico de manipulación de marionetas de luva, historia, expresión dramática e xogo escénico

VENRES 21 DE AGOSTO

10:00 a 14:00 Curso con José Gil.

19:00 Conferencia “o Teatro Dom Roberto” e proxección do documental “À água com eles” de S.A.Marionetas (Portugal).

20:00 Visita guiada á Exposición de Tanxarina (Galiza).

SÁBADO 22 DE AGOSTO

10:00 a 14:00 Curso con José Gil.

19:30 actuación Teatro Dom Roberto de S.A.Marionetas (Portugal), no Campo da Bacariza de Rianxo.

DOMINGO 23 DE AGOSTO

13:00 actuación Teatro Dom Roberto de S.A.Marionetas (Portugal), na Praia de Tanxil de Rianxo.

16:30 Palestra: Pervivencia de teatro medieval no teatro de títeres con Julio G. Montañés, Alba Grande, Anxo García e Modera Comba Campoi.

PREZO: 65€ sen aloxamento.

• 25% de desconto para o voluntariado do festival.

• Bolsas UNIMA secretaria@unima.es

LUGAR: Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña)

INSCRICIÓN: reserva por orde de inscrición e pago. 

info@barrigaverde.eu

PRAZO: solicitude con datos persoais de contacto antes do día 15 de agosto.

DIRIXIDO A: +16 anos 

• Persoas adultas.

Tamén che podería gostar...

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.