Exposición: Marionetas de Trécola nos escaparates

O XI Titiriberia volve encher os escaparates dos comercios de Rianxo con monicreques, desta volta de man da veterana compañía Trécola

A exposición poderá verse de 15 de xullo a 3 de setembro de 2026
e inclúe unha nova edición do xogo Á procura de Lupe

Dez locais de Rianxo asociacións a ARE (Asociación Rianxeira de Empresas) acollerán entre 15 de xullo e 3 de setembro a exposición Marionetas de Trécola nos seus escaparates. Unha selección de pezas desta compañía, referentes dos títeres galegos con 44 anos de historia, comporán escenas nos establecementos participantes na iniciativa. Un auténtico repaso pola evolución dos títeres galegos da man de pezas de artesanía que aínda fan parte das montaxes deste grupo.

https://www.google.com/maps/d/u/3/edit?mid=1-EdkHWndYrvMdGxaGaexrMnD_-ZikVc&usp=sharing

Locais e localizacións

  1. Don Dino
  2. Cenor ROT 
  3. Peluquería y Estética Obel
  4. Nenis
  5. Costuras para soñar
  6. Rous Multimarca
  7. Zapaterías Marty
  8. Material de construción e ferraxería Luis Vidal
  9. Peluquería Imperial
  10. Estanco Xacobiño

Xogo “Á procura de Lupe

Lupe, a mestra de cerimonias do festival Titiriberia, é pequena e gusta de xogar ás agachadas. A última vez que a vimos andaba nas tendas falando cos monicreques da compañía galega Trécola, pero agora non damos con ela. Percorre os escaparates de Rianxo e axúdanos a atopala. Lupe ten a forma dun recortable de cartolina que se agocha entre as escenas dos monicreques da exposición.  es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 6 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival .

Como participar:

  1. Visita a exposición Marionetas de Trécola, do 15 de xullo ao 3 de setembro de 2026 e recolle nas tendas participantes ou no festival a folla de participación.
  2. Percorre os escaparates na procura de Lupe en familia. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.
  3. Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.
  4. Poderás participar entre o 15 de xullo e o 3 de setembro de 2026, sendo o 8 de setembro o último día para entregar as follas de participación.
  5. O sorteo realizarase o 9 de setembro de 2026. Os premios, tanto para adultos como para crianzas, poderán recollerse a partir do día seguinte nos locais de ARE.
  6. Cómpre que as follas recollan un mínimo de 6 agochos para participar no sorteo.
  7. As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.
  8. A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o medio facilitado nos boletíns de participación.
  9. No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.
  10. As identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.
  11. Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.
  12. A base para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
  13. A participación no certame implica a aceptación destas bases.

Folla de participación en pdf

Tamén che podería gostar...

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.