Programación 2017

[google_maps id=”1415″]
23/10

Exposición

Panorámica do títere galego despois de Barriga Verde

A mostra, realizada a partir de fondos do Museo Galego da Marioneta, realiza un percorrido pola historia das compañías profesionais de Galicia desde o seu nacemento, poucos anos despois da desaparición de Barriga Verde das feiras. Unha selección de carteis orixinais de diferentes espectáculos ilustra a evolución do sector nos últimos 40 anos.

Todos os públicos

desde o 23 de outubro

 Auditorio Constante Liste

9/11

Monicreques – Función para escolares

O galo Quirico e os seus amigos

Seisdedos Marionetas Tradicionais

Con algúns números de marionetas tradicionais nos que os espectadores participan cantando e danzando, preséntase o conto O Galo Quirico seguindo a versión popular, que tamén inspirou a publicada por Bernardino Graña. A compañía recupera para esta ocasión un formato de espectáculo con marionetas e un teatriño de cartón, que contará co acompañamento en escena da música do acordeonista Carlos Quintá.

Alumnado de E.I e primeiros cursos de E.P.

11:00 / 12:30

Auditorio Constante Liste

Monicreques

Z. Las aventuras del Zorro

Eudald Ferré e Luca Ronga

Un titiriteiro catalán e un napolitano xúntanse para amosar ao mundo como as técnicas tradicionais do titelle catalá e do guaratelle napolitano beben dunha mesma fonte. Fano nunha versión actualizada da historia clásica do xusticieiro enmascarado, onde o protagonista, ao igual que os heroes da tradición de títeres de cachaporra europea, vence os poderosos e defendn aos febles dos seus abusos.

Todos os públicos (+ 3 anos)

18:00

Auditorio Constante Liste

Mesa / Debate

Títeres: O patrimonio esquecido

Nos últimos anos a UNESCO recoñeceu como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade diferentes tradicións de marionetas de Chequia, Eslovaquia, Italia ou Xapón. Con este encontro queremos pór sobre a mesa a situación e as perspectivas para conseguirmos un recoñecemento efectivo do patrimonio que supoñen as diferentes tradicións titiriteiras, en pé de igualdade con outras formas de cultura popular. Felipe Garduño, responsable de Patrimonio na delegación estatal da Unión Internacional de Marionetistas participa neste encontro canda a historiadora da arte e dinamizadora cultural Sabela Pato, a especialista en xestión do patrimonio da Universidade da Coruña Elvira Lezcano, Santiago Veloso, coordinador de “Ponte… nas ondas!” e un dos promotores da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO e mais Pablo Sanmartín López, responsable do Arquivo Municipal do Concello de Teo.

Todos os públicos (+ 16 anos)

20:00

Mediateca do Grilo

10/11

Actividade Escolar – Obradoiro

Barriga Verde a escena

O obradoiro pretende facilitar as ferramentas técnicas e dramáticas para a montaxe dunha das escenas da tradicional obra de títeres. A seguir as liñas plásticas e dramáticas dadas polas guías, introducirase ás participantes na tradición de títeres de cachaporra, a súa construción e técnicas de manipulación.

Alumnado da ESO

10:00

IES de Cacheiras

Función Escolar – Monicreques

Le guarattelle di Pulcinella

Luca Ronga

A centenaria técnica de manipulación de títeres de luva napolitanos coñecida como guaratelle chega a Titiriberia da man do mestre Luca Ronga. As aventuras xa clásicas dos personaxes collen vida nesta ocasión cuns bonecos que son auténticas esculturas talladas a man e cunha manipulación na que o ritmo e a improvisación marcan unha historia de acción, humor e tenrura.

Alumnado da ESO

13:00

IES de Cacheiras

Monicreques

Le guarattelle di Pulcinella

Luca Ronga

A centenaria técnica de manipulación de títeres de luva napolitanos coñecida como guaratelle chega a Titiriberia da man do mestre Luca Ronga. As aventuras xa clásicas dos personaxes collen vida nesta ocasión cuns bonecos que son auténticas esculturas talladas a man e cunha manipulación na que o ritmo e a improvisación marcan unha historia de acción, humor e tenrura.

Todos os públicos

18:30

Auditorio Constante Liste

Proxeción e coloquio

Dom Roberto

Comba Campoi, João Costa e Lara Rozados

Dom Roberto de José Ernesto de Sousa (1962) é unha das obras fundadoras do Novo Cinema portugués. Narra, con influencias da Nouvelle Vague francesa, a historia e os amores dun fantocheiro portugués. Un filme fundamental na historia do cinema luso que aposta por retratar a importante tradición titiriteira do país. A continuación un coloquio abordará cuestións relacionadas coa evolución do títere tradicional no país veciño, vendo como se produciu o seu devalo e recuperación e o xeito no que as políticas públicas e o apoio social puideron influír neste proceso. Estará presentado por Comba Campoi, João Costa, fantocheiro especializado nos Robertos, e de Lara Rozados, que dará a coñecer a colaboración do Cineclube Compostela co Festival Titiriberia.

+16 anos

21:00

Mediateca do Grilo

11/11

Animación

Marionetas Tradicionais

Títeres Alakrán Seisdedos Marionetas Tradicionais

A recrear os espectáculos de porta que a familia Silvent, como moitos outros feirantes, facían na entrada das súas barracas para chamar o público, un grupo de artistas animará a feira de Francos e chamará pola participación dos asistentes. Un zancudo, o cego coas súas coplas ou o pallaso farán do campo da feira un lugar de divertimento.

Todos os públicos.

1desde as 11:30

Feira de Francos

Monicreques

O barbeiro

Maozorra

Roberto no día do seu casamento vai ao barbeiro para se afeitar. Durante o corte, provoca algunhas travesuras e despois négase a pagar. Aqui comezan todas as malandrices e enganos entre ambos, ata que se xuntan á lea un Policía un diablo e mesmo a morte. Novas situacións para os personaxes clásicos dos bonecos portugueses.

Todos os públicos.

12:30

Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

Monicreques

A tourada

Maozorra

Sen unha narrativa clara, a obra refai o número da tourada propia dos Robertos cun touro que non é fero mais doce, que se cansa e que adora as festiñas. Unha divertida historia que retrata de xeito especial esta tradición portuguesa.

Todos os públicos

16:30

Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

Monicreques

La muerte de Don Cristóbal

Pelele

Avaro, feo, malo e sen escrúpulos, Don Cristobal só vive para seguir a aumentar a súa considerable fortuna. Pero a súa serventa, pobre, ciumenta e aínda máis fea tentará todo tipo de estrataxemas para o asasinar e se facer cosa súa fortuna. A compañía Pelele mestura a técnica tradicional do títere mediterráneo coa estética e o ritmo Cartoon para nos achegar o personaxe clásico dos títeres españois, nunha historia universal da vontade de vivir onde o humor, a enerxía e a caricatura transcenden o medo e a violencia.

Todos os públicos

18:00

Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

Monicreques

Barriga Verde

Viravolta Títeres

Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde, coa axuda da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo, que atopa o inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX. O espectáculo ofértase no seo dunha barraca que recrea a experiencia orixinal que viviron milleiros de galegos durante décadas.

Todos os públicos

19:30

Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

12/11

Obradoiro

Monicreques de luva con material de refugallo

Nestes obradoiro cada un dos participantes elaborará unha marioneta de luva con materiais que en moitos casos estaban a destinados a rematar no lixo. A dinámica do obradoiro será a dun taller aberto, é dicir, durante os 90 minutos que dura a actividade os/as nenos/as poderán achegarse libremente a facer a súa marioneta. Os/as monitores/as apoiarán o traballo dos nenos/as, guiándoos nos aspectos técnicos pero respectando a creatividade de cada participante.

+5 anos, acompañados por un adulto

11:00

Auditorio Constante Liste

Monicreques

O Caçador

Maozorra

Un novo escenario para as aventuras tradicionais dos Robertos. Desta volta Roberto vai de caza para conquistar a muller que ama. No monte, un cazador rival, un coello astuto e ata un mago complican a situación.

Todos os públicos

12:30

 Auditorio Constante Liste

Monicreques

O espello de Francisquiña

Danthea Teatro

Un xogo dos principais zannis da comedia: Polichinela, Pierrot, Arlequino, Palomeque (Pantalone) e Francisquiña. A avaricia dun vello, a vaidade dunha rapariga que quere inmortalizar a súa face e dous artistas con moitas arestas amosan da man de Danthea Teatro novos xeitos de traballar cos centenarios personaxes italianos.

Todos os públicos

18:30

 Local Social da AC A Pontevella de Reis

A %d blogueros les gusta esto: