Do 22 ao 30 de decembro
RESERVA DE ENTRADAS
auditorio@concelloderianxo.gal
664 183 217
22 Martes
O horroroso crime de Xan Miñoca
VIRAVOLTA TÍTERES
A sonada historia de Xan Miñoca, tal e como a cantan os cegos, é verdade ou non? Un espectáculo de títeres de cachaporra con música de piano en directo, no que descubrimos a verdade sobre os terribles crimes que disque cometeu tan perigoso personaxe.
Inspirada na obra de Eduardo Blanco Amor “Amor e crimes de Juan el Pantera”.
- 17:00 / 19:00
- 50 min
- Todos os públicos
- Centro Sociocultural A Capela do Araño
23 Mércores
Victoria. Nostalxias do pasado
DIÁSPORA TEATRO
María Dobronich pon en escena esta obra de teatro Lambe Lambe. Desde o intimismo dunha caixa escénica representa, con pequenos bonecos e obxectos, en non máis de 5 minutos, secretas situacións teatrais, que son apreciadas por só un ou dous espectadores cada vez, que observan a peza a través dunha fiestra.
Victoria é un espectáculo sen palabras que fala do paso do tempo, das partidas, da memoria. Unha homenaxe ás avoas e a todas as mulleres que tiveron que dicir adeus ao que foi o seu fogar.
- 12:00 a 14:00
- 5 min
- +12 anos
Mercado (soportais da Praza Castelao)Casa de Cultura Cuartel Vello
Este espectáculo foi ilegal
SEISDEDOS MARIONETAS
O titiriteiro lalinense Anxo García presenta o monólogo do compadre Fidel de Os Cornos de D. Friolera de Valle-Inclán nunha fermosa tradución de Mari Luz Méndez.
- 12:00 a 14:00
- 5 min
- adultos
Mercado (soportais da Praza Castelao)Casa de Cultura Cuartel Vello
O baúl de Barriga Verde
TÍTERES CASCANUECES
O personaxe Barriga Verde percorreu toda Galiza da man da familia Silvent durante o século pasado. Nesta nova versión, da man do titiriteiro cubano afincado en Compostela Lázaro Duyos, chega á vila co mesmo espírito enxeñoso e retranqueiro que no seu día encheu de risa a crianzas e maiores.
- 18:00
- 50 min
- todos os públicos
- Centro Sociocultural A Capela do Araño
26 Sábado
O baúl de Barriga Verde
TÍTERES CASCANUECES
- 12:00
- 50 min
- todos os públicos
- CCD de Taragoña
Anulado
O baúl de Barriga Verde
TÍTERES CASCANUECES
- 18:00
- 50 min
- todos os públicos
- Auditorio de Rianxo Confirmado
Conferencia
“Commedia dell’arte: artesanía teatral”
Por Nando Llera
Actor, director, profesor na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia e presidente da Asociación Galega de Commedia dell’Arte “Indignati”.
A historia dos monicreques sempre estivo vinculada á Commedia dell’Arte. Personaxes tan coñecidos como Don Cristóbal, o inglés Punch ou o noso Barriga Verde, presumen dun antepasado común: o mítico Pulcinella napolitano. Nesta charla afondaremos nas orixes, a evolución e o estado actual dun modelo de espectáculo que hoxe continúa tan vixente como nas súas grandes épocas de esplendor.
- 19:30
- +16 anos
- Centro Sociocultural A Capela do Araño
27 Domingo
Teatro á feira
A COVA DAS LETRAS
Congréganse nesta FEIRA seis personaxes defendidos por Cristina Collazo e Anxo García, que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes. A MINUTEIRA dará conta de cada instante a través dos seus retratos…
Todo o mundo fica atento aos contos do FISTOR, para cada conto un canto, mais gardádevos de metervos con PEPA A LOBA e o seu can LUEIRO, un monicreque bravo e larpeiro. PEPE DAS MULAS ou o VENDEDOR DE TARABELAS converten as súas historias en auténticas lendas e toda espectadora que queira, rematará nas mans da POSTICEIRA.
- 12:00
- 50 min
- todos os públicos
CCD de TaragoñaAuditorio de Rianxo
Ratas!
INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte
Ratas! É un espectáculo de Commedia dell’Arte que combina a improvisación coa música en directo, algo de acrobacia, loita escénica e unha grande dose de humor.
No marco dunha praga que arrasa a cidade, Ratas! convértese nunha interesante metáfora para estes tempos de crise sanitaria, en que todos ansiamos que apareza da nada unha máxica solución, aferrándonos a calquera melodía que soe a esperanza, perseguindo como nenos ao Flautista de Hamelín.
18:0019:00- 50 min
- todos os públicos
- Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes”
28 Luns
Os romeiros do caracol
FANTOCHES BAJ
Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a promesa de levar ao seu defunto avó ao santuario en forma de caracol, xa que non fora de vivo. Nun enorme caracol-vivenda cóntanse e cántanse as cancións e as lendas de San Andrés. Ignacio Vilariño emprega títeres, cartel de cego, máscaras, e outros recursos do teatro popular neste espectáculo coa música en directo do acordeón diatónico de Carlos Quintá.
- 18:00
- 50 min
- +5 anos
- Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes”
Mesa redonda
A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición
Con Santi Prego, Inacio Vilariño e Alba Grande
Modera Comba Campoi
Tradición e innovación poden parecer termos contrapostos, mais en realidade están emparellados. A tradición, entendida como algo que se vai nutrindo ao longo dos séculos da creatividade dos pobos, debe ter na innovación un dos seus ingredientes fundamentais. Convidamos a tres profesionais das artes escénicas a compartir connosco as súas reflexións e experiencias como innovadoras/es da tradición titiriteira.
- 21:00
- 90 min
- adultos
- https://meet.jit.si/mesa_redonda_titiriberia2020
29 Martes
O conto de Barriga Verde
FRAN REI
Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.
- 17:00 / 19:00
- 50 min
- +3 anos
- Centro Social da Atalaia – Asados
30 Mércores
Victoria. Nostalxias do pasado
DIÁSPORA TEATRO
María Dobronich pon en escena esta obra de teatro Lambe Lambe. Desde o intimismo dunha caixa escénica representa, con pequenos bonecos e obxectos, en non máis de 5 minutos, secretas situacións teatrais, que son apreciadas por só un ou dous espectadores cada vez, que observan a peza a través dunha fiestra.
Victoria é un espectáculo sen palabras que fala do paso do tempo, das partidas, da memoria. Unha homenaxe ás avoas e a todas as mulleres que tiveron que dicir adeus ao que foi o seu fogar.
- 12:00 a 14:00
- 5 min
- +12 anos
Mercado (soportais da Praza Castelao)Casa de Cultura Cuartel Vello
Este espectáculo foi ilegal
SEISDEDOS MARIONETAS
O titiriteiro lalinense Anxo García presenta o monólogo do compadre Fidel de Os Cornos de D. Friolera de Valle-Inclán nunha fermosa tradución de Mari Luz Méndez.
- 12:00 a 14:00
- 5 min
- adultos
Mercado (soportais da Praza Castelao)Casa de Cultura Cuartel Vello
As varietés do Barriga Verde
IRIA PINHEIRO + ÁUREAS
Tamén neste tempo de pandemia temos un oco para despedir este 2020 con aires de cabaret, poemas achampañados, títeres, escapismo e bolañadas. Concha Cocos (Iria Pinheiro), a exitosa gurú emocional da pandemia, será a condutora do evento e deleitará ao público cunha serie de revelacións sobre decadente actualidade.
Números de clown, música, teatro e títeres a cargo de Esther Carrodeguas, Tero Rodríguez, Lucho Penabade, Pajarito, María Dobronich, Borxa Ínsua e Lázaro Duyos e ambientado por un divertido trío musico-teatral conformado por integrantes das Áureas.
- 20:00
- 120 min
- adultos
- Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes”
Curso
Obradoiro de iniciación á commedia dell’arte
Impartido por Nando Llera, actor, director e profesor de Interpretación na Escola Superior de Arte Darmática (ESAD) de Galicia, e presidente a Asociación Galega de Commedia dell’Arte “Indignati”.
As persoas participantes poderán iniciarse nas técnicas básicas da Commedia dell’Arte. Traballarán moitos dos elementos en común cos títeres de cachaporra, técnicas básicas de acrobacia e loita escénica con batocchio, traballo coa máscara, construción dos seus personaxes a través da composición física: Arlequino, Colombina, Pantalone, Dottore, Capitano, Enamoratti… e rematarán facendo pequenas improvisacións e postas en escena propias.
- 26 e 27 decembro
- 10:00 > 14:00
- 120 min
- +16 anos
- Centro Sociocultural A Capela do Araño
Exposicións
Kinetiko
XIRAPAUS
Presentamos unha iniciativa que bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados para o xogo, para tocar e desfrutar nun contorno interxeracional apostando por recuperar un oficio ben antigo e moi relacionado co mundo das marionetas.
O titiriteiro Ero Vázquez Cabrera de Teatro Marionetas Trécola e mais o xogueteiro Manuel Taboada Fernández de A Chintofanería, unen os seus coñecementos e experiencias nunha exposición que fará as delicias das persoas interesadas tanto na artesanía coma no xogo, títeres e/ou mecanismos.
- 22, 23, 26, 27 de decembro
- 11:00 > 14:00 / 16:00 > 20:00
- Todos os públicos
- Casa de Cultura Cuartel Vello
Onde foi Barriga Verde?
Morreu o demo
Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos.
- 22, 23 de decembro
- no horario das actuacións
- Todos os públicos
- Centro Sociocultural A Capela do Araño
- 28 > 30 de decembro
- 09:00 > 14:00 + horario das actuacións
- Todos os públicos
- Auditorio de Rianxo
Barriga Verde e a arte dos Silvent
Morreu o demo
Quen foi a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de Galiza? De onde viñan, e como gañaban a vida?
Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así rendir homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras e artistas ambulantes.
- 26 > 30 de decembro
- 09:00 > 14:00 + horario das actuacións
- Todos os públicos
- Auditorio de Rianxo