Titiriberia 2021
“Cachaporras de pau de laranxo”
Titiriberia regresa a Rianxo cunha edición chea de novidades; no formato, nos espazos e na estación, que prometen facer deste festival único na península, unha cita irresistible para persoas amadoras dos monicreques e da tradición.
Cinco días de programación no tempo de verán durante os que poderemos gozar cos espectáculos, mesas redondas, obradoiros, presentacións de libros ou exposicións.
Levamos as artes escénicas ao tecido asociativo local e aos campamentos de conciliación, con conversas co público… e descentralizamos a oferta do festival, viaxando dunha parroquia a outra, seguindo o impulso itinerante que nos descubra unha nova historia en cada recuncho, levando espectáculos ao Araño, Isorna, Taragoña, Leiro, Asados e Rianxo.
Propostas dirixidas a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra.
Sete días de programación no tempo de Nadal, para gozar de espectáculos, charlas, mesas redondas, cursos e exposicións en diferentes espazos do concello. Este ano, ademais, poderase asistir a todas as actividades a través da Rede.
Propostas dirixidas a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra.