Do 24 ao 30 de xullo
24 luns
A festa dos títeres
Agrupación Vai de Roda, Viravolta Títeres, Títeres Alakrán (Galiza) – Produción propia
Para inaugurar o festival, un pasarrúas achegará música e espectáculo á vila coa charanga Vai de Roda, os cabezudos tradicionais de Rianxo, entre os que non poderán faltar a Lupe ou Peito de lobo, o personaxe creado por Castelao, que terá que enfrontarse co lendario Urco. Este ano, como gran novidade, acompáñaos o Xigante Barriga Verde, que tamén representará pequenas escenas breves no teatriño que leva incorporado.
Información das compañías: http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cat=4705
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://titeresalakran.wordpress.com/
Vídeos: https://youtu.be/wxuwlPNC92M?t=62
- 13h
- saída desde Auditorio de Rianxo, subida á zona da Martela,Parada con bailes nos xardíns, baixar á Praza Castelao, parada no Paseo da Ribeira, retorno ao Auditorio / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
El titiritero, el doble y la sombra
Toni Rumbau e Eudald Ferré (Catalunya)
O veterano titiriteiro e estudoso das orixes da estirpe de Pulcinella, Toni Rumbau, presenta unha conferencia-espectáculo na que convida ao público a mergullarse nalgúns dos misterios máis agochados desta antiga práctica do monicreque. Co apoio do recoñecido bonecreiro Eudald Ferré, o conferenciante recorre á técnica clásica dos títeres de luva, combinada coa linguaxe das sombras para afondar nos ámbitos máis profundos do mito do titiriteiro. Unha conferencia-espectáculo que quere ser coñecemento, xogo e rito de transformación cara á liberdade profunda, humilde e libertaria do títere tradicional.
Información da compañía:
https://www.tonirumbau.org/el-titiritero-el-doble-y-la-sombra/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Público adulto
- ENTRADA: 5€
25 martes
O xigante Barriga Verde
Coprodución Títeres Alakrán – Titiriberia (Galiza)
A compañía Títeres Alakrán presenta unha singular adaptación do personaxe tradicional. Un boneco xigante que funciona como teatriño itinerante reivindica no espazo público a figura do personaxe clásico dos títeres galegos. Percorrerá a vila a representar escenas breves desta obra que fai parte do patrimonio cultural galego.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12:30h
- Praza Castelao (itinera) / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Un solo de guante
Eudald Ferré (Catalunya)
O referente dos títeres tradicionais cataláns presenta un interludio teatral de diferentes sketches e rutinas clásicas do teatro de monicreques de luva, un espectáculo rico en movemento con moitos xogos escénicos característicos dunha comedia onde nada é demasiado transcendental. Personaxes arquetípicos propios da tradición combínanse nun espectáculo con altas doses de acción, humor e tenrura para gozar do momento e deixarse ir.
Información da compañía:
https://www.facebook.com/eudald.ferreserra
- 18:30h
- Praia de Tanxil. / Localización
- A partir de 4 anos
Frida, unha vida de arte
A cova das letras (Galiza)
Nesta peza ponse en valor o poder transformador da arte a través do corpo en movemento, títeres e obxectos. A actriz e manipuladora Cris Collazo encarna a Frida Kahlo neste espectáculo poético, colorido e con moita, moita vida.
Información da compañía:
https://acovadasletras.wordpress.com/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- A partir de 6 anos
- ENTRADA: 5€
26 mércores
O xigante Barriga Verde
Coprodución Títeres Alakrán – Titiriberia (Galiza)
A compañía Títeres Alakrán presenta unha singular adaptación do personaxe tradicional galego. Un boneco xigante que funciona como teatriño itinerante reivindica no espazo público a figura do máis coñecido dos títeres galegos. Percorrerá a vila a representar escenas breves desta obra que fai parte do patrimonio cultural do país. Ao seu paso polas estatuas de Rosalía, Castelao e Dieste, a comitiva renderalles unha homenaxe titiriteira a esas figuras fundamentais da cultura galega.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 11:30h
- Praza Castelao (itinerante pola zona paseo da Ribeira, mercado, con paradas nas estatuas de Castelao, Dieste, Rosalía de Castro e Manuel Antonio, Parque Galiza) / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Os monifates. Animación de rúa con títeres danzantes
Os monifates (Galiza)
Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes percorre a vila a amosar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, a integrar cancións ao vivo con marionetas danzantes nun espectáculo pensado para toda a familia. As historias de Bartolo o pandereteiro, o Porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o Galo Farruco e Os Barbanzóns, aparecen combinadas co baile ao son da gaita tradicional, bombo e zanfona, pínfano, punteiros, gaita tumbal, gaita de dobre punteiro e diversa instrumentación de percusión coma culleres, castañolas de peito, táboa de lavar, etc. Unha proposta de animación de rúa que reivindica a tradición dos títeres danzantes, que se desenvolveu no noso país desde a Idade Media.
Información da compañía:
https://www.culturactiva.org/es/artista/os-monifates
- 12:30h
- Parque Galiza/ Localización
- Todos os públicos
Dona Barriga Verde
Larraitz producións artísticas (Galiza)
Esta obra de títere de cachaporra integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé, habituais do Punch Inglés. E todo cunha gran particularidade: a de desafiar as convencións do xénero, xa que por vez primeira no noso país, Barriga Verde, a protagonista da obra, é unha muller. Espectáculo coproducido por Titiriberia en 2018.
Información da compañía:
https://www.larraitzurruzola.com/
- 12h
- Campo do Souto–Isorna / Localización
- A partir de 5 anos
Mesa redonda
Títeres e plástica teatral na II República
A mesa redonda desta xeira do festival abordará a historia dos títeres en Galicia durante a II República. O traballo do rianxeiro Rafael Dieste neste campo, con varias obras escritas para monicreques e a súa participación no Retablo de Fantoches das Misións Pedagóxicas, ou a conexión de Maruja Mallo co universo titiriteiro a través da súa obra pictórica e escenográfica, serán algúns dos temas que se tratarán no encontro. Ademais, abordarase a importancia dun traballo que ficou fanado co golpe militar de 1936 e o xeito no que o movemento titiriteiro contemporáneo reivindica este legado. O académico Xosé Luís Axeitos, a actriz Tero Rodríguez, a titiriteira Isabel Rey de Monicreques de Kukas e os profesores Maria Antonia Pérez e Eugenio Otero Urtaza participarán no encontro.
Con anterioridade á mesa redonda, a organización do festival homenaxeará a Rafael Dieste cunha ofrenda na súa tumba.
- 17:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Público adulto
O peirao
Diáspora Teatro (Galiza)
Dous pescadores de contos que chegan como mensaxes en garrafas á beira do mar. Algunhas veñen de preto, outras de lonxe, e outras non teñen procedencia. Monicreques, teatro de obxectos e contos para mirar ao redor, ao medio e a nós mesmas. Un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis e mirala desde un lugar diferente.
Información da compañía:
https://urdime.gal/familiar/Di%C3%A1spora%20Teatro/
- 20h
- Praia de Tanxil. / Localización
- Público familiar
27 xoves
A regadora do asubiote
Viravolta Títeres (Galiza)
Unha revisión das orixes orais que deron pé á obra A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón de Federico García Lorca. Nesta proposta, a compañía lalinense unifica diferentes historias tradicionais como A pastora e o fillo do rei, Flore e Flora ou As fillas do xastre, todas elas protagonizadas por unha nena ou muller que co seu enxeño pon no seu lugar a un príncipe burlón e certamente un pouco rancoroso.
Las aventuras del coyote y el conejo
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)
Que aventuras vivirán o tío coiote e o tío coello? Dúas divertidas historias tradicionais do pacífico nicaraguano dramatizadas mediante o teatro tradicional de monicreques. Zoa Tamara Cuellar e Rubén Mejuto conforman un proxecto de artes escénicas que mestura monicreques, música e narración oral, coa identidade e os nexos de unión entre diferentes culturas como eixo principal.
Información do espectáculo:
https://www.titeresostomila.com/
- 18:30h
- Praia de Tanxil. / Localización
- A partir de 7 anos
Encontro posfunción: A tradición oral de Nicaragua
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)
Os membros da compañía detallan para o público os elementos tradicionais que incorporan aos seus espectáculos escénicos. A súa intervención revela o carácter perenne de determinados conflitos e paixóns ao tempo que amosa as variacións culturais con que se expresan.
- Praia de Tanxil. / Localización
Marieta e o boi bumbá
Trapusteros Teatro (Aragón/Brasil)
Marieta e o Boi Bumbá son dous personaxes típicos do mamulengo brasileiro. Marieta, unha nena que vive nunha granxa cos seus pais, ten un boi pequeno chamado Bumbá. Un día, Bumbá escapa e ela vai detrás del, xa que o ía levar a bailar á festa do Bumba-meu-Boi. Mentres o busca, Marieta coñece varios personaxes de Mamulengo: o Barqueiro; os Guitarristas; os Caboclinhos de Orubá; a Serpe e o Cabaleiro, que a axudarán na súa busca. A obra conta con acompañamento musical ao vivo. A compañía brasileiro-aragonesa achega esta forma de títere popular que foi recoñecida como Patrimonio Cultural do Brasil.
Información do espectáculo:
https://trapusterosteatro.weebly.com/
- 20h
- Centro Sociocultural A Capela do Araño / Localización
- Público familiar
Coa música a outra parte
Coprodución Trécola Producións – Titiriberia (Galiza)
Unha farsa de títeres tradicionais de cachaporra que enlaza catro historias a partir de obras de Rafael Dieste. A compañía actualiza a irreverencia deste formato para desenvolver unha obra para todos os públicos na que se mesturan diversión e provocación. Despoboamento do rural, desprezo polo diferente, a perversión do poder, a manipulación, o amor romántico… Todo isto e moito máis nun teatriño cheo de recunchos.
Información do espectáculo:
https://trecolaproducions.com/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
28 venres
Marieta e o boi bumbá
Trapusteros Teatro (Aragón/Brasil)
Marieta e o Boi Bumbá son dous personaxes típicos do mamulengo brasileiro. Marieta, unha nena que vive nunha granxa cos seus pais, ten un boi pequeno chamado Bumbá. Un día, Bumbá escapa e ela vai detrás del, xa que o ía levar a bailar á festa do Bumba-meu-Boi. Mentres o busca, Marieta coñece varios personaxes de Mamulengo: o Barqueiro; os Guitarristas; os Caboclinhos de Orubá; a Serpe e o Cabaleiro, que a axudarán na súa busca. A obra conta con acompañamento musical ao vivo. A compañía brasileiro-aragonesa achega esta forma de títere popular que foi recoñecida como Patrimonio Cultural do Brasil.
Información do espectáculo:
https://trapusterosteatro.weebly.com/
- 11h
- Campo Maneiro de Taragoña / Localización / *En caso de choiva Pavillón Municipal de Taragoña
- Público familiar
A tradición do mamulengo
Izabela Brochado (Brasil)
A investigadora da Universidade de Brasilia achega as claves desta forma escénica que comparte importantes semellanzas co Barriga Verde galego. Un exemplo de como a tradición titiriteira se adapta a diferentes contextos.
- Campo Maneiro de Taragoña / Localización / *En caso de choiva Pavillón Municipal de Taragoña
Viva Vivaldi
Os monicreques de Kukas (Galiza)
O ano 2023 conmemóranse os 300 anos de As catro estacións de Vivaldi. Sobre isto a veterana compañía desenvolveu un espectáculo de historias curtas no que se representan as mudanzas que se producen en cada unha das estacións do ano con contos que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.
Información da compañía:
https://osmonicrequesdekukas.com/
- 12h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Público familiar
- ENTRADA: 5€
As varietés do Barriga Verde
Produción propia
Esta proposta escénica é unha iniciativa do festival Titiriberia que pretende reproducir, desde unha óptica actual, o espectáculo que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Canción Melódica, malabares, títeres, equilibrismo e números de clown sucederanse nun ambiente de cabaret orientados a público adulto. Entre os artistas participantes nesta edición gozaremos dos números de Ura Vázquez García, Santi Prego, Títeres Alakrán, o novo clown de Natalia “Pajarito”, as propostas cómicas de Teatro Airiños e os títeres de Ostomila. Ademais, a conmemorar as celebracións do Ano Picasso, proxectarase o vídeo da montaxe Gernika (Danos colaterais) de Monicreques de Kukas, un espectáculo estreado no Titiriberia 2022. A velada será conducida pola actriz e dramaturga Clara Gayo e acompañado pola música ao vivo do Cuarteto da Escola de Música de Rianxo.
- 22:30 h.
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Público adulto/ + 14 anos
- ESTREA
- ENTRADA: 5€
29 sábado
Titiricircus
Tanxarina Teatro (Galiza)
A veterana compañía achega ao festival o que xa é un clásico dos títeres galegos. Unha lembranza fantástica e festiva do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores circenses que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo…
Información da compañía:
https://tanxarina.es/
- 13h
- Praia de Tanxil. / Localización / *En caso de choiva no Auditorio
- Publico familiar
Alaia Galtzagorria / Contos da nosa mitoloxía
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)
Un diaño traste rouba o tesouro da cova de Orozko. Zezengorri, o minotauro gardián do tesouro, chamará a Alaia, un trasno astuto e intelixente, que lle axudará a recuperalo. Xuntos penetrarán no mundo da mitoloxía vasca. Alaia Galtzagorria é un percorrido polas tradicións e os sons dun lugar ancestral. O País Vasco é unha terra de maxia, sons e personaxes fantásticos. O espectáculo de títeres de luva conta co acompañamento da música en directo de Garazi Navas.
Información do espectáculo:
https://www.titeresostomila.com/
- 18:30h
- Praia de Tanxil. / Localización / *En caso de choiva no Auditorio
- Público familiar
Encontro posfunción: as tradicións orais vascas
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)
Os membros da compañía abordarán o rico patrimonio co que alimentan as súas creacións escénicas, achegando un contexto que permite comprender a obra en toda a súa profundidade.
- Praia de Tanxil / Localización / *En caso de choiva no Auditorio
Teatro Dom Roberto
Red Cloud Teatro de Marionetas (Portugal)
Considerada actualmente Patrimonio Cultural Inmaterial Portugués, esta tradición constitúe a memoria viva do imaxinario dos títeres tradicionais de luva de carácter popular. Polas mans e palleta de Sara Henriques, os robertos elaborados por Rui Rodrigues gañan vida para a representación das dúas historias mais aclamadas do repertorio do Dom Roberto, “O Barbeiro” e “A Tourada”.
Información da compañía:
https://redcloudmarionetas.com/
- 21h
- Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro / Localización/ En caso de choiva no Auditorio
- Público familiar
Encontro posfunción: A tradición dos robertos
Sara Henriques (Portugal)
A titiriteira da compañía Red Cloud Teatro explicaranos as peculiaridades da transmisión e recuperación desta tradición titiriteira, a máis próxima parentela do Barriga Verde galego. Unha oportunidade singular para coñecer as orixes e as claves do nosos propios títeres populares.
- Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro / Localización
30 domingo
O cego dos monifates: Romance de Peito de Lobo
Coprodución Seisdedos – Titiriberia (Galiza)
Unha recreación dos tradicionais números habituais nas feiras de antano e a se inspirar nos números que desenvolvían ante a porta a familia Silvent para atraer o público, a compañía Maese Seisdedos, interactuará co público e representación dun cego das coplas no máis puro estilo das feiras tradicionais, a incorporar ao seu repertorio elementos da tradición local e, a seguir a liña desta xeira do festival, referencias a Peito de Lobo e aos cabezudos de Rianxo.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 12h
- Praza Castelao (itinera polo mercado) / Localización / *en caso de choiva na Biblioteca
- Todos os públicos
- ESTREA
Conferencia: Castelao e os cabezudos de Rianxo
José Luís do Pico Orjais (Galiza)
O investigador José Luís do Pico Orjais falará das peculiaridades dos cabezudos de Rianxo e o seu papel nas festas tradicionais. Deste xeito abordará o papel de artistas como o pintor Constante Gil na creación destas pezas a mediados do século XX ou a súa relación cos títeres. Tamén se tratará a historia de Castelao e de Peito de Lobo, así como a participación do histórico galeguista na vida festiva e musical da vila. O relatorio finalizará coa interpretación dalgunhas das pezas musicais ás que era afeccionado este ilustre rianxeiro.
- 13h
- Biblioteca Pública Municipal Castelao. /Localización/
- A partir de 6 anos
Teatro Dom Roberto
Red Cloud Teatro de Marionetas (Portugal)
Considerada actualmente Patrimonio Cultural Inmaterial Portugués, esta tradición constitúe a memoria viva do imaxinario dos títeres tradicionais de luva de carácter popular. Polas mans e palleta de Sara Henriques, os robertos elaborados por Rui Rodrigues gañan vida para a representación das dúas historias mais aclamadas do repertorio do Dom Roberto, “O Barbeiro” e “A Tourada”.
Información da compañía:
https://redcloudmarionetas.com/
- 18:30h
- Praia de Tanxil. /Localización / *En caso de choiva no Auditorio
- Público familiar
Encontro posfunción: A tradición dos robertos
Sara Henriques (Portugal)
A titiriteira da compañía Red Cloud Teatro explicaranos as peculiaridades da transmisión e recuperación desta tradición titiriteira, a máis próxima parentela do Barriga Verde galego. Unha oportunidade singular para coñecer as orixes e as claves do nosos propios títeres populares.
- Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro / Localización
República Sideral
Teatro Airiños (Galiza)
Texto de Esther Carrodeguas que resultou gañador do XIV Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais. O grupo de teatro Airiños, baixo a dirección de Amantia Coello, levan a escena con actrices e actores esta historia, baseada en feitos reais, na que un grupo de veciños da Illa de Arousa, nun momento festivo, deciden declarar a independencia en 1934. Unha traxicomedia chea de cor e diversión que adapta ao traballo actoral as dinámicas de títeres de cachaporra tradicionais nun interesante experimento.
Máis información:
https://teatroairinhos.gal/
Exposicións
Mamulengo, teatro popular de títeres do Brasil
Trapusteros Teatro
Mamulengo é o termo máis usado nos estados centro-sur do país, así como no estranxeiro, para designar o teatro de monicreques popular na rexión nordeste do Brasil. O inventario que deu como resultado o recoñecemento desta expresión cultural como Patrimonio Cultural do Brasil, título outorgado polo Instituto Nacional de Patrimonio Histórico e Artístico – IPHAN, foi realizado entre 2008 e 2013 por cinco equipos de investigación, baixo a coordinación xeral de a profesora e investigadora da Universidade de Brasilia, Izabela Brochado, autora e impulsora da exposición. A mostra componse duns 30 monicreques de diversos mestres do teatro popular de monicreques do nordeste brasileiro, algúns xa falecidos.
Xunto aos títeres, a exposición inclúe fotografías e un documental que representan os distintos aspectos deste teatro: os tipos de personaxes, os titiriteiros, chamados professores; contextos de presentacións escénicas e procesos de traballo.
- Visitas guiadas para maiores de 8 anos o día 26 ás 10:30h, o 28 ás 18h e o 29 ás 19:30h. Duración: 60 minutos.
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
Os Monicreques de Kukas: Títeres nos Escaparates / A procura de Lupe
Titiriberia / Pedras de papel
Os monicreques de Kukas achegan ao festival unha selección de títeres do seu espectáculo Arlequina, creado en 2019 a celebrar os 40 anos da compañía. As pezas supoñen un percorrido por toda a carreira destes pioneiros dos títeres galegos modernos, con bonecos de diferentes técnicas e estéticas que amosan a mestría dunha compañía que recibiu o Premio da Cultura Galega entre outros importantes recoñecementos.
A AC Morreu o Demo co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios e comisariado pola firma de artesanía local Pedras de Papel realizará intervencións artísticas nunha ducia de comercios da vila a facer interactuar os títeres do espectáculo Arlequina coas mercadorías en exposición.
A procura de Lupe é un xogo de pistas integrado na exposición. As persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival para entrar nun sorteo de produtos locais. Con estas iniciativas o festival quere contribuír a achegar a cultura a novos soportes ao tempo que pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade.
- Diferentes locais comerciais da vila e das parroquias de Rianxo
- Actividades desenvolvidas co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios
- Exposición do 13 ao 30 de xullo
- Máis información
Onde foi Barriga Verde?
Morreu o demo
Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Auditorio de Rianxo / Localización
A arte dos Silvent
Morreu o demo
Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper; todos os representantes internacionais desta familia preséntanse nunha serie de paneis contextualizándoos e explicando a súa evolución e diferenzas.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Auditorio de Rianxo / Localización
A grande familia do títere europeo
Morreu o demo
Quen foi a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de Galiza? De onde viñan, e como gañaban a vida?
Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así rendir homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras e artistas ambulantes.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Auditorio de Rianxo / Localización
Formación de públicos
Encontros postfunción
(Ver programa)
Con vistas a dar a coñecer entre o público as peculiaridades da artes dos títeres, o festival desenvolve unha serie de actividades de formación de públicos. Ao remate da función o público poderá conversar cos artistas de varias das compañías participantes sobre distintos temas, como a actualización, tamén en clave de xénero, dos contidos e das formas dos espectáculos tradicionais; sobre a vida titiriteira, os procesos de creación e a continua aprendizaxe en cada unha das producións.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Varios lugares (ver programa)
O espectador cómplice
Toni Rumbau (Cataluña)
O director da revista Titeresante, crítico e investigador dos títeres a nivel internacional realizará apuntamentos críticos de todos os espectáculos e desenvolverá charlas persoais coas compañías participantes que o desexen a comentar puntos fortes e febles de cada espectáculo ou posibles opcións creativas. Ademais, participará dos encontros entre artistas e público a dinamizalos e achegar as súas propias perspectivas e coñecementos sobre o sector.
http://www.titeresante.es/
https://www.facebook.com/titeresante/
Escola de títeres Barriga Verde
Curso de dramaturxia “Mamulengo. Títere popular do Brasil”
Trapusteros Teatro
Marcos Pena e Izabela Brochado, responsables de Trapusteros Teatro, achegan ao sector titiriteiro galego e ao público interesado esta actividade formativa sobre o títere tradicional brasileiro por excelencia. Esta manifestación escénica, estreitamente emparentada co Barriga Verde galego e a tradición europea de títeres de cachaporra, amosa interesantes particularidades nos esquemas dramatúrxicos das pezas, que o alumnado poderá coñecer ao longo de tres sesións nas que se mesturan teoría e práctica.
Máis información (galego)
Máis información (castelán)
■ Datas e horario: 28 de xullo de 18 a 20h; 29 e 30 de xullo de 10 a 14h
■ Auditorio de Rianxo / Localización
- Prezo: 50€ sen aloxamento (25% de desconto ás persoas que fan parte do voluntariado do festival.)
- Inscrición: reserva por orde de inscrición e pago: info@barrigaverde.eu
- PRAZO: enviar solicitude de asistencia antes do día 20 de xullo, achegando os datos persoais de contacto, un breve texto de presentación e de cal é o motivo de querer facer o curso.
- DIRIXIDO A: +16 anos (persoas adultas que desexen perfeccionar ou achegarse á dramaturxia e á experiencia escénica do títere de luva tradicional no Brasil, un teatro popular con trazos comúns en tantos países europeos)
*Se alguén dispón de títeres de luva pode traelos para practicar durante o curso e compartilo con quen non teña
*As persoas socias de UNIMA poden solicitar as becas de formación da entidade para asistir a este curso / secretaria@unima.es
Obradoiros
Obradoiros de creación e manipulación de títeres / Xouba de Rianxo
Integrados nas actividades do Campamento de Verán do Concello de Rianxo. As crianzas participantes aprenderán a elaborar un títere de papel a partir de materiais de refugallo e adquirirán técnicas básicas de manipulación desta forma de marioneta. Falaremos das Xoubas e da pesca “ao xeito”, arte de pesca artesanal tradicional en Rianxo, e dos traballos dos homes e das mulleres do mar.
As pequenas dramatizacións creadas no obradoiro serán representadas cos monicreques pola propia cativada.
- 26 de xullo de 11 a 12:30 no IES Felix Muriel-Rianxo
- 27 de xullo de 11 a 12:30h no CPI Brea Segade-Taragoña
- 28 de xullo de 11 a 12:30h no CEIP Ana Mª Diéguez-Asados
Voluntariado
Titiriberia quere ser un proxecto do conxunto da sociedade de Rianxo. Deste xeito, a organización desenvolve colaboracións como con Asociación Rianxeira de Empresarios, o Grupo de Teatro Airiños, a Escola de Música ou propostas creativas locais como Vai de Roda, a Asociación Ámbar ou Pedras de Papel, entre outras. Para alén destas colaboracións, o festival conta cunha rede de voluntariado aberta a todas as persoas interesadas en participar. As persoas voluntarias poden contribuír ao xestión do evento a desenvolver diferentes tarefas como:
- Apoio na atención ao público, en particular a nivel de accesibilidade e inclusión para todas as idades e diversidades.
- Colaboración na difusión do evento
- Contribución a tarefas loxísticas e atención aos equipos artísticos.
- Axuda no cumprimento dos compromisos de sustentabilidade social e ambiental do programa.
Os equipos de voluntariado recibirán formación específica sobre a xestión de públicos e a organización de eventos culturais para desenvolver estas tarefas. Ademais recibirán entradas e descontos para participar nas actividades de pago do evento, camisetas e outro merchandising que se edite do festival.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias no festival poden contactar coa organización no correo info@barrigaverde.eu
Sustentabilidade
Accesibilidade
Todas as funcións contarán con espazos reservados para persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida e con persoal de apoio para facilitar a participación. Prégase comunicación previa á organizacion de necesidades específicas para optimizar a asistencia. Todos os espazos nos que se desenvolven as funcións contan con baños nas proximidades. O persoal e o voluntariado da organización indicaranlle ao público.
Residuos e transporte
Haberá contedores selectivos para lixo nas proximidades dos diferentes espazos do festival. Animamos ao público a ser responsables coa xeración de residuos e a empregar no posible recipientes reutilizables.
Recoméndase ao público o emprego de medios de transporte non contaminantes para acudir aos espectáculos. Pasear por Rianxo é tamén un xeito de disfrutar o festival. Existen aparcadoiros vixiados para bicicletas (candadas por parte das persoas usuarias) e outros dispositivos de mobilidade persoal no espazo das funcións.
Idades
O programa especifica as idades recomendadas, a partir da información fornecida polas propias compañías, para cada unha das obras que se representan. Algunhas das funcións poden tratar temas de violencia, conflito social, sexualidade e outras cuestións. Fica á discreción das persoas adultas responsables a xestión da asistencia ás mesmas de menores.
Prezo
O acceso ás funcións gratuítas será libre e as localidades ocuparanse por orde de chegada. As entradas para as funcións de pago terán un prezo de 5 euros. Poderán adquirirse de xeito previo á función na mesa con merchandising ubicada no lugar de cada actividade do Festival. No mesmo día da función poden adquirirse no Auditorio. Aplicarase un desconto para quen adquire entradas para as tres funcións, que ficarán a un prezo de 12 euros.
Entradas sociais
As funcións de pago do festival contan cunha serie de entradas sociais reservadas para persoas con poucos recursos e destinadas a facilitar o acceso á cultura. Calquera persoa interesada pode se pór en contacto con Servizos Sociais do Concello para conseguir estas entradas. A súa distribución será en todo momento absolutamente confidencial.
Punto lila e arco da vella
O festival conta cun punto lila e un punto arco da vella para informar de calquera situación de discriminación por xénero, orientación sexual ou calquera outro suposto. Se detectas calquera situación de discriminación por razón de xénero, identidade ou orientación sexual, diríxete ao persoal da organización.
- Atención a vítimas de violencia de xénero: 016
- Servizos Sociais Rianxo – Axente de Igualdade: 981 860 061
- Policía Nacional – UFAM de Ribeira (Unidade Familia e Muller): 981870108 – 091
- Policía Local Rianxo: 981 860 625 – 609 862 222
- Garda Civil Rianxo: 981 860 023
- Emerxencias: 112
- Urxencias Médicas: 061
Teléfono da Muller: 900 400 273 Atención 24 h
Carné Xove
Todas as persoas usuarias do Carné Xove disporán dun desconto do 15% no prezo de todas as entradas.