Edición 2024

Titiriberia. Olladas sobre os cristovos.

Programa en pdf

Díptico co programa resumido en pdf

Presentación

Xentes de Rianxo e arredores! Vistantes que aman o revivir das tradicións e das lendas propias dos mundos e dos lugares! Non perdan o acontecemento sen par que terá lugar, un ano máis, na insigne vila de Rianxo. Chega a feira que xuntará baleeiros chegados de trepidantes travesías, cómicas da legua cos seus sacos ao lombo e titiriteiros no senso máis amplo e popular do termo. Durante unha semana, voltarán os postos máis senlleiros á feira vella, a ofrecer os seus bens máis exóticos;  os personaxes lendarios de mitos gregos, vascos e galaicos convivirán cos harmoniosos movementos das finas marionetas moldavas e as historias das dúas beiras dos océanos virán buscar quen as oia: nos teatros, nas praias, nas feiras e nos escaparates rianxeiros. 

Veñan gozar cos títeres de luva, fío e vara, con cachaporra e sen ela. Coa lingua máis ou menos aguzada ou camuflada na estridente palleta. Compartillen os risos desenfadados e a mofa irreverente do poder que a arte das formas animadas e o seu teatro de variétés nos achegan. Aproxímense  ao riso sanador e utópico que alimenta as almas en tempos convulsos. E que a maré titiriteira se converta en imperdible tradición estival.

Galería

A %d blogueros les gusta esto: