Do 12 ao 18 de agosto
12 luns
Baleazaleak
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)

A compañía vasco-nicaraguana volta ao evento cunha ambiciosa produción, da que nos achega a estrea en galego, e que conecta co carácter mariñeiro de Rianxo. Baleazaleak repasa a epopea dos baleeiros vascos en Terranova e conexión que realizaron coas comunidades Mikmaq desta zona a través da viaxe de Elaia e do seu cadelo. Unha combinación de títeres e de traballo actoral acompañada de música que celebra un encontro inédito entre culturas para todos os públicos nunha produción única.
Información da compañía: https://www.titeresostomila.com/ikuskizunak-espectaculos/
- 11:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Público familiar
- 5€
- Coprodución co Festival – ESTREA
A festa dos títeres. Pasarrúas inaugural
Vai de Roda, Viravolta, Os Quinquilláns (Galiza)

Para inaugurar o festival, un pasarrúas achegará música e espectáculo á vila coa charanga Vai de Roda, cos peixes xigantes de Os Quinquilláns e bonecos de Viravolta conformarán un desfile do máis animado que representará diferentes escenas no seu percorrido animando as rúas de Rianxo desde o auditorio ata a Martela, praza Castelao e paseo da Ribeira.
Información das compañías:
http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cat=4705
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://titeresalakran.wordpress.com/
Vídeos: https://youtu.be/wxuwlPNC92M?t=62
- 13h
- Auditorio de Rianxo (itinerante) / Localización
- Todos os públicos
- Produción propia do Festival – ESTREA
Mesa redonda: Os títeres o maior espectáculo do mundo
Moderada por Montse Dopico

Nesta edición do festival dedicamos a mesa redonda ao período de maior esplendor da arte dos títeres. Entre finais do s.XIX e comezos do XX grandes compañías chegaron a ocupar trens enteiros e a realizar xiras internacionais a ocupar os teatros con espectáculos de grande formato. Xesús Torres Regueiro, investigador das Mariñas, falaranos das xiras que realizou por Galiza o celebérrimo Teatro dei Piccoli. Canda a el, o recoñecido historiador dos títeres Adolfo Ayuso ampliará o foco sobre outras compañías da época con prestixio internacional. A eles sumarase a investigadora Comba Campoi, a explicar o impacto que este tipo de propostas tiveron sobre os espectáculos de títeres populares como o que realizaba a familia Silvent co seu Barriga Verde. Modera a mesa Montse Dopico, xornalista cultural e docente.
- 17:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
Inauguración da exposición Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi
Acto inaugural con visita guiada á exposición

A recoñecida especialista en títeres checos Marie Jirásková achega, en colaboración co investigador Pavel Jirásek, unha selección da colección de títeres familiar.
- 19:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Todos os públicos
13 martes
Las aventuras del coyote y el conejo
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua)

Que aventuras vivirán o tío coiote e o tío coello? Dúas divertidas historias tradicionais do pacífico nicaraguano dramatizadas mediante o teatro tradicional de monicreques. Zoa Tamara Cuellar e Rubén Mejuto conforman un proxecto de artes escénicas que mestura monicreques, música e narración oral, coa identidade e os nexos de unión entre diferentes culturas como eixo principal.
Información da compañía:
https://www.titeresostomila.com/
- 11h
- Campo Maneiro-Taragoña / Localización / en caso de choiva no pavillón municipal de Taragoña
- A partir de 3 anos
- Encontro posfunción: a tradición oral nicaraguana
Xogos na Feira Vella
Viravolta, Pedras de Papel (Galiza)

A seguir a liña de reivindicar os oficios itinerantes e as antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Esta combinación de exhibición, elementos interactivos e propostas escénicas, xunto con unha colección de antigos xogos e atraccións de feira tradicionais, instalaranse no Campo de Arriba. Entretementos de puntaría como a rá e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre e dinamizados por voluntariado e persoal da asociación, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva Bisgue. O espazo acollerá ademais diferentes actividades e representacións ao longo de cada xornada.
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
Os casos da Feira Vella
Teatro Airiños (Galiza)

O histórico Grupo de Teatro Airiños porá en escena números breves onde representarán debates e sucedidos propios das feiras de antano. Os regateos das compradoras, os rexoubeos e os contos habituais destes espazos tomarán vida nesta montaxe que se distribuirá nos diferentes espazos do Campo de Arriba durante a recreación da feira.
Información da compañía:
https://teatroairinhos.gal/
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co Festival – ESTREA
Kinetiko
Xirapaus (Galiza)

Esta iniciativa bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados a recuperar un oficio ben antigo e moi relacionado co mundo das marionetas. O titiriteiro Ero Vázquez de Teatro Marionetas Trécola e mais o xogueteiro Manuel Taboada Fernández, d’ A Chintofanería, unen os seus coñecementos e experiencias nunha experiencia que combina a exposición das súas creacións cunha explicación ilustrada e dramatizada destes aparellos, complementada con contos e interaccións co público.
Información da compañía:
https://trecolaproducions.com/xirapaus/
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
De como chegou a Rianxo unha balea
Os Quinquilláns e Vai de Roda (Galiza)

O conto De como chegou a Rianxo unha balea de Rafael Dieste é a base deste espectáculo entre a narración oral e a animación, que levará polas rúas da cidade os peixes dos Quinquilláns co acompañamento musical de Vai de Roda.
Información da compañía:
http://quinquillans.com/indexv.html
http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cat=4705
- 20:30h
- Campo de arriba ata Auditorio (itinerante) Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Un hilo me liga a vos
La Tartana (Madrid)

A recoñecida compañía madrileña presenta unha proposta de teatro de monicreques de gran formato, de poesía e música en vivo, de luces e proxeccións, que tece unha arañeira para mergullar o público máis novo no apaixonante mundo dos mitos gregos. Para a aplacar as iras de Zeus, as moiras contarannos as historias de Teseo e o Minotauro, Ícaro e Dédalo e Aracne e Atenea.
Información da compañía:
https://latartanateatro.com/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes Localización
- Todos os públicos
- 5€
14 mércores
As aventuras de Pituquito
Trécola Producións (Galiza)

A veterana compañía incorpora un novo personaxe ao repertorio galego de títeres de cachaporra. A montaxe adapta esta centenaria tradición escénica a tempos actuais e enfronta o seu protagonista con problemas inéditos. Pituquito loitará “contra a avaricia, contra quen pretende destruír a natureza ou minguar a liberdade das persoas do mundo mundial” nunha serie de encontros nos que non faltan anxos, demos, xabaríns ou mesmo a propia morte.
Información da compañía:
https://trecolaproducions.com/
- 13h
- Praia de Tanxil / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival – ESTREA
- Encontro posfunción: A cachaporra hoxe
Proxección: Os títeres de tradición centroeuropea no audiovisual / Presentación de libros de Marie Jirásková
Marie Jirásková e Pavel Jirásek (República Checa)

Esta proxección audiovisual amosa filmacións de diferentes títeres históricos checos comentadas por parte da familia Jiráskovi. Nos mesmos, repásase a estética e a técnica de manipulación centroeuropea, en versión orixinal con tradución ao castelán. Ao remate da actividade a investigadora Marie Jirásková presentará os catro libros que realizou sobre a colección familiar de títeres históricos, unha auténtica panorámica sobre as formas e contidos desta tradición que permite achegarse de xeito único ao traballo de investigación que desenvolveu arredor deste patrimonio.
Información da compañía:
https://www.mariejiraskova.art/
- 17:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Todos os públicos
Teatro Dom Roberto
Marionetas Rui Sousa (Portugal)

Unha nova perspectiva do títere popular portugués por excelencia, o teatro dos Robertos, visita o festival. Os familiares máis achegados de Barriga Verde amosan os seus números clásicos O Castelo Assombrado, O Barbeiro e a Tourada. Rui Sousa é un dos máis recoñecidos manipuladores e mantén vivo este patrimonio escénico no alén miño. Títeres de cachaporra en estado puro, frenéticos como poucos, confirman a atemporalidade desta forma artística.
Información da compañía:
https://marionetasruisousa.blogspot.com/
- 20h
- Centro Sociocultural A Capela-Araño / Localización
- Todos os públicos
- Encontro posfunción: A tradición dos Robertos
Xogos na Feira Vella
Viravolta, Pedras de Papel (Galiza)

A seguir a liña de reivindicar os oficios itinerantes e as antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Entretementos de puntaría como a rá e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre e dinamizados por voluntariado e persoal da asociación, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva “Bisgue”. O espazo acollerá ademais diferentes actividades e representacións ao longo de cada xornada.
- 20:30h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
Cantar do ano de Rianxo
Seisdedos marionetas (Galiza)

Un cantar de cego ao xeito antigo narra unha selección de feitos destacados da actualidade rianxeira desde a última edición do festival. A invasión turística de cada verán, a mudanza no goberno municipal, a crise da produción do marisco e a dos pellets atoparanse nesta proposta que quere iniciar unha tradición local que se renovará cada ano.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 20:30h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival – ESTREA
A filla do Cacharulo
Títeres Babaluva (Galiza)

Un posto de feira é o escenario desta función na que a manipuladora representa unha artesá a vender as súas figuras de decoración ao xeito dunha peixeira. Historias de temática mariñeira conectadas co carácter da vila de Rianxo compoñen un espectáculo no que se combinan fábulas ou a adaptación do conto O peixe luminoso, recollido por Italo Calvino, mediante os títeres. O espectáculo conta ademais cun repertorio de cancións e música ao vivo que queren concienciar sobre a necesidade de coidar o mar.
Información da compañía:
http://www.babaluva.com/GL/
- 21:30h
- Campo de arriba / Localización
- +3 anos
15 xoves
De Vilatriste a Vilalegre
Teatro O Cubo/CDG (Galiza)

A mudanza social na Galicia rural, os superpoderes e os 40 anos do Centro Dramático Galego mestúranse na nova proposta de monicreques e traballo actoral da compañía de Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A odisea dos novos habitantes de Vilatriste que se enfrontan ao malvado alcalde cuns estraños superpoderes é o eixe desta comedia para todas as idades. Unha proposta que a compañía desenvolve sobre dramaturxia de Roi Vidal en coprodución co Centro Dramático Galego e que chega ao festival a bordo do seu propio vehículo.
Información da compañía:
https://shorturl.at/APCWD
- 12h
- Praia de Tanxil. / Localización
- Público familiar
Teatro Dom Roberto
Marionetas Rui Sousa (Portugal)

Unha nova perspectiva do títere popular portugués por excelencia, o teatro dos Robertos, visita o festival. Os familiares máis achegados de Barriga Verde amosan os seus números clásicos O Castelo Assombrado, O Barbeiro e a Tourada. Rui Sousa é un dos máis recoñecidos manipuladores e mantén vivo este patrimonio escénico no alén miño. Títeres de cachaporra en estado puro, frenéticos como poucos, confirman a atemporalidade desta forma artística.
Información da compañía:
https://marionetasruisousa.blogspot.com/
- 13h
- Campo do Souto-Isorna / Localización
- Todos os públicos
Xogos na Feira Vella
Viravolta, Pedras de Papel (Galiza)

A seguir a liña de reivindicar os oficios itinerantes e as antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Entretementos de puntaría como a rá e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre e dinamizados por voluntariado e persoal da asociación, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva “Bisgue”. O espazo acollerá ademais diferentes actividades e representacións ao longo de cada xornada.
- 20:30h a 22:30
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
Tutilimundis: SOS e Gernika na Feira Vella
Os monicreques de Kukas (Galiza)

A veterana compañía compostelá achéganos o teatro máis pequeno do mundo. O Lambe Lambe, que acolle unicamente a 1 ou 2 espectadores de cada vez, permite ver ao vivo micro espectáculos de títeres. As montaxes SOS Emerxencia Ambiental e Gernika combinan a maxia dos títeres con mensaxes a prol da paz e do medio ambiente.
Información do espectáculo:
https://osmonicrequesdekukas.com/
- 20:30h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
Peito de lobo
Seisdedos Marionetas (Galiza)

Unha adaptación aos títeres de cachaporra do personaxe que foi inmortalizado por Castelao nunha das súas Cousas. A historia do mariñeiro que se viu transformado en cabezudo integra esta forma escénica coa dos títeres a achegar unha obra que, a nos falar do patrimonio rianxeiro, con personaxes como o propio Castelao en escena e outros coñecidos nomes da época, consegue alcance universal a tratar cuestións como a autoimaxe, a imaxe pública e a construción da propia identidade.
Información do espectáculo:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 21h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival -ESTREA
- Encontro posfunción: Mitos con bonecos
El retablillo de Don Cristobal
Los claveles (Murcia)

Nas décadas de 1920 e 1930 era moi habitual en España vender fillas casadas a terratenentes con diñeiro. A trama de El Retablillo de Don Cristóbal fálanos da nai de doña Rosita que non ten escrúpulos á hora de casar a súa filla cun vello sucio e torpe don Cristóbal que bebe dos ventos pola moza. Teatro Los Claveles tentou recuperar o sabor dos vellos titiriteiros da estrada vestindo esta adaptación coa estética e intención daquela época e a levar a escena este clásico de monicreques escrito por Federico García Lorca.
Información do espectáculo:
https://teatrolosclaveles.es/
- 22:30h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Encontro posfunción: Os bonecos de Lorca
16 venres
Xogos na Feira Vella
Viravolta, Pedras de Papel (Galiza)

A seguir a liña de reivindicar os oficios itinerantes e as antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Entretementos de puntaría como a rá e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre e dinamizados por voluntariado e persoal da asociación, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva “Bisgue”. O espazo acollerá ademais diferentes actividades e representacións ao longo de cada xornada.
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
Dona Barriga Verde
Larraitz Producións Artísticas (Galiza)

Esta obra de títere de cachaporra integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé, habituais do Punch Inglés. E todo cunha gran particularidade: a de desafiar as convencións do xénero, xa que por vez primeira no noso país, Barriga Verde, a protagonista da obra, é unha muller. Espectáculo coproducido por Titiriberia en 2018.
Información do espectáculo:
https://www.larraitzurruzola.com/
- 12h
- Parque de Santa Lucía-Asados / Localización
- +5 ANOS
- Encontro posfunción: Transformar a historia
O Xigante Barriga Verde
Títeres Alakrán (Galiza)

A organización recunca na súa colaboración con Títeres Alakrán para ofertar unha nova montaxe deste xigante itinerante que representa o personaxe por excelencia do títere tradicional galego. Para alén de artellar un novo pasarrúas protagonizado por el, a amosar novas interaccións co público, tamén mudarán os números que se achegan no teatriño que a figura leva incorporado. Pezas breves de títeres de cachaporra axudarán a levar este personaxe e a arte dos títeres a novos públicos en lugares inéditos.
Información do espectáculo:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12h
- Paseo da Ribeira-Campo de Arriba (Itinerante) / Localización
- Todos os públicos
Chafallas. A vendedora de fume
A cova das letras (Galiza)

Nunha homenaxe aos oficios errantes, a Cova das Letras presenta unha obra protagonizada por unha narradora que leva a súa casa ás costas. Reinterpretacións de cantigas tradicionais, títeres de luva e manipulación de obxectos atópanse nun espectáculo cheo de sorpresas que reivindica a forza das mulleres e da sabedoría de transmisión oral.
Información da compañía:
https://acovadasletras.wordpress.com/
- 13h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival – Estrea
- Encontro posfunción: Xeitos de animar o fume
Cuentos mágicos, Kamishibai
Los claveles (Murcia)

O kamishibai é unha forma de espectáculo con orixe en Xapón que utiliza ilustracións para narrar unha historia nun teatriño de madeira. Cando esta caixa abre, crea un escenario que reúne a audiencia ao seu redor. Todo o mundo está atento porque o debuxo impreso na lámina que vemos pónnos en antecedentes, introdúcenos na escena: queremos escoitar o que vai pasar. É o milagre puro da comunicación e aí é onde reside a súa maxia.
Información do espectáculo:
https://teatrolosclaveles.es/
- 18:30 h.
- Praia de Tanxil / Localización
- Todos os públicos
Xogos, Teatro e Tutilimundis na Feira Vella
Airiños, Xirapaus, Os monicreques de Kukas, Viravolta (Galiza)

Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Esta combinación de exhibición, elementos interactivos e propostas escénicas, xunto con unha colección de antigos xogos e atraccións de feira tradicionais da compañía Viravolta, instalaranse no Campo de Arriba, xunto aos inxeniosos aparellos autómatas de Xirapaus, os Lambe Lambe de Os monicreques de Kukas e as dramatizacións Os casos da feira vella de Airiños, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva “Bisgue”.
- 20:30h a 22:30h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
As Varietés do Barriga Verde
Varias artistas

O espectáculo de varietés do Titiriberia pretende revivir, desde unha óptica actual, o espectáculo que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo ao número dos monicreques. Para a montaxe cóntase con profesionais con ampla traxectoria en Galicia, ademais de novas compañías no campo dos títeres. Nomes como Ura Vázquez García, Títeres Alakrán, as propostas cómicas de Teatro Airiños, Trécola Producións e a música do cuarteto da Escola de Música de Rianxo intégranse nesta proposta que sae do Auditorio Municipal para dinamizar o Campo de Arriba de Rianxo con nocturnidade e aleivosía.
- 22h
- Campo de arriba / Localización
- Público adulto
- Produción Propia do Festival – ESTREA
17 sábado
Xogos na Feira Vella
Viravolta, Pedras de Papel (Galiza)

A seguir a liña de reivindicar os oficios itinerantes e as antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Entretementos de puntaría como a rá e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre e dinamizados por voluntariado e persoal da asociación, ademais de acoller unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva “Bisgue”. O espazo acollerá ademais diferentes actividades e representacións ao longo de cada xornada.
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Produción Propia do Festival
A vella do gaiteiro
Títeres Alakrán (Galiza)

Esta montaxe de Títeres Alakrán, especialmente pensada para pasarrúas, emprega unha figura tallada para crear a ilusión dunha señora a portar un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta este acompáñase de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura a xerar asombro e risos entre o público.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12:30h
- Paseo da Ribeira-Campo de Arriba (Itinerante) / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co Festival – ESTREA
Chafallas. A vendedora de fume
A cova das letras (Galiza)

Nunha homenaxe aos oficios errantes, a Cova das Letras presenta unha obra protagonizada por unha narradora que leva a súa casa ás costas. Reinterpretacións de cantigas tradicionais, títeres de luva e manipulación de obxectos atópanse nun espectáculo cheo de sorpresas que reivindica a forza das mulleres e da sabedoría de transmisión oral.
Información da compañía:
https://acovadasletras.wordpress.com/
- 13h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival
A filla do Cacharulo
Títeres Babaluva (Galiza)

Un posto de feira é o escenario desta función na que a manipuladora representa unha artesá a vender as súas figuras de decoración ao xeito dunha peixeira. Historias de temática mariñeira conectadas co carácter da vila de Rianxo compoñen un espectáculo no que se combinan fábulas ou a adaptación do conto O peixe luminoso, recollido por Italo Calvino, mediante os títeres. O espectáculo conta ademais cun repertorio de cancións e música ao vivo que queren concienciar sobre a necesidade de coidar o mar.
Información da compañía:
http://www.babaluva.com/GL/
- 18:30h
- Praia de Tanxil. / Localización
- +3 anos
- Encontro posfunción: Animar a artesanía
Barriga Verde
Viravolta Títeres (Galiza)

A mesturar a tradición do títere galego coa europea, a compañía recrea, logo dunha exhaustiva investigación, o espectáculo que a familia Silvent levaba de feira en feira durante a primeira metade do século XX. A montaxe presenta cinco situacións que Barriga Verde, na compañía da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo, ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. Unha montaxe con tres manipuladores e unha escenografía chea de sorpresas.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/
- 20h
- Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro / Localización
- Todos os públicos
- Encontro posfunción: Recrear un clásico
18 domingo
A vella do gaiteiro
Títeres Alakrán (Galiza)

Esta montaxe de Títeres Alakrán, especialmente pensada para pasarrúas, emprega unha figura tallada para crear a ilusión dunha señora a portar un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta este acompáñase de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura a xerar asombro e risos entre o público.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12:30h
- Paseo da Ribeira-Praza Castelao (Itinerante) / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co Festival
Cuentos de la Andariega
Títeres desde abajo (Andalucía)

Ao compás das súas catro rodas cruza o tempo a Andariega. Cargados de contos e vivencias, Juan e Juana percorren alegres os camiños. En cada praza, en cada escola, representan as súas historias verdadeiras. Un homenaxe ao oficio titiriteiro e a aqueles que seducidos polo ideal de liberdade e a vontade artística percorrían as aldeas cos seus carros e furgonetas.
Información da compañía:
https://titeresdesdeabajo.blogspot.com/
- 13h
- Praia de Tanxil / Localización
- +3 anos
- Encontro posfunción: Representar a itinerancia
Exposicións
Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi
Marie e Pavel Jiráskovi (República Checa)

A recoñecida especialista en títeres checos Marie Jirásková achega, en colaboración co investigador Pavel Jirásek, unha selección da colección de títeres familiar.
A colección da familia Jiráskovi inclúe marionetas, bosquexos, debuxos e fotografías históricas e representa unha das maiores coleccións privadas de marionetas do seu país, a República Checa. Hai unha gran variedade de técnicas e mecanismos na manipulación das marionetas. A mostra que se presentará en Rianxo céntrase nas “marionetas clásicas” e “marionetas con trucaxe” desde o século XIX, que implican mecanismos específicos e sorprendentes nos seus personaxes. A convulsa historia da República Checa supón unha amalgama diversa de tradicións que tamén converxen e enriquecen o arte das marionetas. Na mostra poderán verse, en contexto, os diferentes mecanismos especiais para trucos, cambios rápidos ou efectos específicos nun espectáculo de obxectos.
A mostra complementarase con visitas guiadas por parte da familia Jiráskovi, con tradución consecutiva de Eufrasio Lucena Muñoz.
- 12 a 18 de agosto de 10 a 14h e de 19 a 21h
- Visitas guiadas: 12 e 13 ás 19:30h
- Auditorio de Rianxo Localización
- Todos os públicos
Marionetas do mundo. Colección Viravolta: Títeres nos Escaparates / A procura de Lupe
Viravolta / Pedras de papel (Galiza)

Nos escaparates de diferentes establecementos comerciais de Rianxo estará esta exposición que repasa as diferentes formas que adquiren as marionetas ao longo do noso planeta.
O teatro de marionetas espállase pola case totalidade de pobos do mundo. Todos eles, con maior ou menor presenza, teñen teatro de monicreques de seu, cos seus personaxes tradicionais e as súas formas específicas de representar. No mundo islámico profesionais desta arte dramática conseguen burlar con ela a expresa prohibición coránica de representar figuras humanas e animais. Un exemplo tanxible atopase en Turquía con Karaghoz, o teatro tradicional de sombras deste país.
A diversidade de personaxes leva aparellada unha inmensa variedade de modos de levar á escena as historias, desde os teatros tradicionais de Asia con espectáculos vinculados aos cultos relixiosos e agrarios até as marionetas case industrializadas do mundo occidental.
Esta exposición, que parte dos fondos que acumulou a histórica compañía Viravolta Títeres, amosa unha selección das formas que adquire esta arte e pon de relevo como, por baixo da variedade formal, mantense unha mesma pulsión por contar historias a través de obxectos.
A procura de Lupe é un xogo de pistas integrado na exposición. As persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival para entrar nun sorteo de produtos locais. Con estas iniciativas o festival quere contribuír a achegar a cultura a novos soportes ao tempo que pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade.
- Diferentes locais comerciais da vila e das parroquias de Rianxo
- Actividades desenvolvidas co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios
- Exposición do 19 de xullo ao 18 de agosto
- Máis información
Onde foi Barriga Verde?
AC Morreu o demo (Galiza)

Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Auditorio de Rianxo / Localización
A arte dos Silvent
AC Morreu o demo (Galiza)

Quen foi a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de Galiza? De onde viñan, e como gañaban a vida?
Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así rendir homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras e artistas ambulantes.
- Do 24 ao 30 de xullo
- Auditorio de Rianxo / Localización
A grande familia do títere europeo
AC Morreu o demo (Galiza)

Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper; todos os representantes internacionais desta familia preséntanse nunha serie de paneis contextualizándoos e explicando a súa evolución e diferenzas.
- Do 12 ao 18 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
Dar vida coa imaxe. Fotografía de títeres por Manuel Silva
Manuel Silva (Bisgue) (Galiza)

O festival pon en valor o traballo de Manuel Silva Bisgue, fotógrafo local que colabora co evento desde 2022 a rexistrar as diferentes actividades de cada ano. Agora, compílase unha selección deste traballo a amosar o xeito no que a fotografía consegue outorgarlle vida e dramatismo a figuras estáticas como son os títeres.
- Do 12 ao 18 de agosto
- Campo de arriba / Localización
Formación de públicos
Encontros postfunción
(Ver programa)
Con vistas a dar a coñecer entre o público as peculiaridades da artes dos títeres, o festival desenvolve unha serie de actividades de formación de públicos. Ao remate da función o público poderá conversar cos artistas de varias das compañías participantes sobre distintos temas, como a actualización, tamén en clave de xénero, dos contidos e das formas dos espectáculos tradicionais; sobre a vida titiriteira, os procesos de creación e a continua aprendizaxe en cada unha das producións.
- Do 12 ao 18 de agosto
- Varios lugares (ver programa)
O espectador cómplice
Toni Rumbau (Cataluña)

O director da revista Titeresante, crítico e investigador dos títeres a nivel internacional realizará apuntamentos críticos de todos os espectáculos e desenvolverá charlas persoais coas compañías participantes que o desexen a comentar puntos fortes e febles de cada espectáculo ou posibles opcións creativas. Ademais, participará dos encontros entre artistas e público a dinamizalos e achegar as súas propias perspectivas e coñecementos sobre o sector.
http://www.titeresante.es/
https://www.facebook.com/titeresante/
Escola de títeres Barriga Verde
Curso de manipulación de títeres históricos da Rep. Checa e de construción de teatros de papel
Marie Jirásková e Pavel Jirásek (República Checa)

Marie Jirásková é unha recoñecida escenógrafa, coleccionista e experta en títeres históricos checos. Neste obradoiro de creación artística levaranos á tradición checa do teatro familiar, pensada fundamentalmente como xogo doméstico para a cativada. Este entretemento infantil desenvolvíase dentro dos chamados teatros de papel, nos que desempeñaban un rol esencial as escenografías e os monicreques, tanto os creados por mestres artesáns coma polo propio entorno familiar. Durante as sesións, as persoas participantes coñecerán técnicas de papel para crear un teatriño propio, familiarizaranse con diferentes pautas da tecnoloxía do movemento e contarán coa oportunidade inigualable para practicar a manipulación de títeres históricos con inxeniosos trucaxes pertencentes á colección familiar dos Jiráskovi.
Os contidos do curso serán personalizados e adaptados tanto para público sen coñecementos previos como para persoas con nocións sobre o manexo de títeres e mesmo para profesionais,
A complementar os contidos do curso, as persoas participantes poderán disfrutar dunha visita guiada á exposición, unha proxección audiovisual comentada por parte da familia Jiráskovi con fragmentos da presenza de títeres checos ao longo da historia do país, a estética e técnica de manipulación centroeuropea, en versión orixinal, ao remate da actividade a investigadora Marie Jirásková presentará os catro libros que realizou sobre a colección familiar de títeres históricos.
■ Datas e horario: 13 e 14 de agosto de 10:00 a 14:00h
■ Auditorio de Rianxo / Localización
- Prezo: 50€ sen aloxamento* (25% de desconto ás persoas que fan parte do voluntariado do festival)
- Inscrición: reserva por orde de inscrición e pago: info@barrigaverde.eu
- PRAZO: enviar solicitude de asistencia antes do día 20 de xullo, achegando os datos persoais de contacto, un breve texto de presentación e de cal é o motivo de querer facer o curso.
- DIRIXIDO A: +16 anos
- Tradución consecutiva por Eufrasio Lucena Muñoz.
*As persoas socias de UNIMA poden solicitar as becas de formación da entidade para asistir a este curso / secretaria@unima.es
Obradoiros

Obradoiro de monicreques na Feira Vella
Pedras de papel (Galiza)
Bonecos recortables e dragóns de papel tomarán forma nesta actividade da firma de artesanía local Pedras de Papel aberta ao público.
- 13 de agosto ás 20h no Campo de Arriba / Localización
- Todos os públicos
Obradoiros

Obradoiros de creación e manipulación de títeres
Obradoiros de creación e manipulación de títeres Integrados nas actividades do Campamento de Verán do Concello de Rianxo. As crianzas participantes aprenderán a elaborar un títere de papel a partir de materiais de refugallo e adquirirán técnicas básicas de manipulación desta forma de marioneta. Falaremos tamén de igualdade e dos roles de xénero no tempo de configurar, nomear e crear personaxes. As pequenas dramatizacións creadas no obradoiro serán representadas cos monicreques pola propia cativada.
- 12, 14 e 16 de agosto de 11:00h a 12:30h
- Actividade para os campamentos municipais de verán
Voluntariado
Titiriberia quere ser un proxecto do conxunto da sociedade de Rianxo. Deste xeito, a organización desenvolve colaboracións como con Asociación Rianxeira de Empresarios, o Grupo de Teatro Airiños, a Escola de Música ou propostas creativas locais como Vai de Roda, a Asociación Ámbar ou Pedras de Papel, entre outras. Para alén destas colaboracións, o festival conta cunha rede de voluntariado aberta a todas as persoas interesadas en participar. As persoas voluntarias poden contribuír ao xestión do evento a desenvolver diferentes tarefas como:
- Apoio na atención ao público, en particular a nivel de accesibilidade e inclusión para todas as idades e diversidades.
- Colaboración na difusión do evento
- Contribución a tarefas loxísticas e atención aos equipos artísticos.
- Axuda no cumprimento dos compromisos de sustentabilidade social e ambiental do programa.
Os equipos de voluntariado recibirán formación específica sobre a xestión de públicos e a organización de eventos culturais para desenvolver estas tarefas. Ademais recibirán entradas e descontos para participar nas actividades de pago do evento, camisetas e outro merchandising que se edite do festival.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias no festival poden contactar coa organización no correo info@barrigaverde.eu
Sustentabilidade
Accesibilidade
Todas as funcións contarán con espazos reservados para persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida e con persoal de apoio para facilitar a participación. Prégase comunicación previa á organizacion de necesidades específicas para optimizar a asistencia. Todos os espazos nos que se desenvolven as funcións contan con baños nas proximidades. O persoal e o voluntariado da organización indicaranlle ao público.
Residuos e transporte
Haberá contedores selectivos para lixo nas proximidades dos diferentes espazos do festival. Animamos ao público a ser responsables coa xeración de residuos e a empregar no posible recipientes reutilizables.
Recoméndase ao público o emprego de medios de transporte non contaminantes para acudir aos espectáculos. Pasear por Rianxo é tamén un xeito de disfrutar o festival. Existen aparcadoiros vixiados para bicicletas (candadas por parte das persoas usuarias) e outros dispositivos de mobilidade persoal no espazo das funcións.
Idades
O programa especifica as idades recomendadas, a partir da información fornecida polas propias compañías, para cada unha das obras que se representan. Algunhas das funcións poden tratar temas de violencia, conflito social, sexualidade e outras cuestións. Fica á discreción das persoas adultas responsables a xestión da asistencia ás mesmas de menores.
Prezo
O acceso ás funcións gratuítas será libre e as localidades ocuparanse por orde de chegada. As entradas para as funcións de pago terán un prezo de 5 euros. Poderán adquirirse de xeito previo á función na mesa con merchandising ubicada no lugar de cada actividade do Festival. No mesmo día da función poden adquirirse no Auditorio. Aplicarase un desconto para quen adquire entradas para as tres funcións, que ficarán a un prezo de 12 euros.
Entradas sociais
As funcións de pago do festival contan cunha serie de entradas sociais reservadas para persoas con poucos recursos e destinadas a facilitar o acceso á cultura. Calquera persoa interesada pode se pór en contacto con Servizos Sociais do Concello para conseguir estas entradas. A súa distribución será en todo momento absolutamente confidencial.
Punto lila e arco da vella
O festival conta cun punto lila e un punto arco da vella para informar de calquera situación de discriminación por xénero, orientación sexual ou calquera outro suposto. Se detectas calquera situación de discriminación por razón de xénero, identidade ou orientación sexual, diríxete ao persoal da organización.
- Atención a vítimas de violencia de xénero: 016
- Servizos Sociais Rianxo – Axente de Igualdade: 981 860 061
- Policía Nacional – UFAM de Ribeira (Unidade Familia e Muller): 981870108 – 091
- Policía Local Rianxo: 981 860 625 – 609 862 222
- Garda Civil Rianxo: 981 860 023
- Emerxencias: 112
- Urxencias Médicas: 061
Teléfono da Muller: 900 400 273 Atención 24 h
Carné Xove
Todas as persoas usuarias do Carné Xove disporán dun desconto do 15% no prezo de todas as entradas.
