Do 12 ao 17 de agosto
12 martes
Basoa
Teatro Firulete (Navarra)

Preocupada porque a súa avoa sae, Uxue métese no bosque para pedir axuda. Encontros con seres da mitoloxía vasca iranlle achegando diferentes leccións, ata que atopa a Mari, a raíña da Natureza, que lle amosa que as respostas que busca son máis sinxelas do que pensaba. Unha fábula sobre a idea da morte que achega unha resposta alternativa, e quere facernos ollar o mundo por primeira vez a combinar títeres e obxectos, traballos de actuación e música en directo.
Información das compañías:
https://teatrofirulete.com/
- 11h
- Campo Maneiro-Taragoña / Localización
- A partir de 5 anos
A festa dos títeres. Pasarrúas inaugural
Vai de Roda, Viravolta, Alakrán (Galiza)

Unha nova edición do desfile que serve de presentación ao festival polas rúas de Rianxo. A música do grupo Vai de Roda, o Xigante Barriga Verde de Alakrán e os cabezudos de Viravolta nun espectáculo itinerante que, ademais de animar a vila, representa historias populares a través desta tradicional forma escénica.
Información das compañías:
http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cat=4705
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://titeresalakran.wordpress.com/
Vídeos: https://youtu.be/wxuwlPNC92M?t=62
- 12h
- Auditorio de Rianxo (itinerante) / Localización
- Todos os públicos
- Produción propia do Festival – ESTREA
O xigante Barriga Verde
Coprodución Títeres Alakrán – Titiriberia (Galiza)

Unha nova produción deste xigante ambulante que representa o personaxe por excelencia do títere tradicional galego. A figura participará no pasarrúas, representando a súa chegada a Feira Vella pezas de monicreques que axudarán a achegar este personaxe e esta arte a novos públicos dun xeito orixinal.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12h
- Auditorio-Campo de arriba (Itinerante)/ Localización
- Todos os públicos
Xogos e Kinetiko na Feira Vella
Viravolta Títereres, Trécola Producións (Galiza)

Seguindo a liña de recuperación de negocios de rúa e antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais de feira que se instalarán na Praza do Campo de arriba e estarán a disposición do público. Animacións de primeiro nivel como a ra e o pimpampun, os autómatas KINETIKO e máis xogos estarán a disposición do público de xeito gratuíto e con animación a cargo de voluntariado e persoal da asociación.
Información das compañías:
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://trecolaproducions.com/es/
- 12h a 14h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
Acto inaugural con visita guiada á exposición
Os monicreques de Kukas (Galiza)

Os membros de Monicreques de Kukas, Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey, realizarán un repaso das pezas presentes na exposición dedicada á súa carreira. Para alén do contexto de cada produción, neste percorrido darán a coñecer as dificultades técnicas, a intención expresiva e as anécdotas vencelladas a cada un dos elementos presentes.
Achegan ao festival unha selección de deseños, carteis, escenografías e títeres, pezas que amosan parte do percorrido ao longo de máis de 45 anos destes pioneiros dos títeres galegos modernos, con bonecos de diferentes técnicas e estéticas que amosan a mestría dunha compañía que recibiu o Premio da Cultura Galega entre outros importantes recoñecementos.
Información da compañía:
https://osmonicrequesdekukas.com/
- 19:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Todos os públicos
Esperta o Rinoceronte
Nao Caracola (Galiza)

Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso ámaa. Isto ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso, cóidao e ámao. Ensina a Bambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa dille o Rinoceronte e afirma que nela atópase o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto. Esta historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto. Haberá alguén que lles faga fronte?
Información da compañía:
https://naocaracola.com/gl
- 21h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- +8 anos
- 5€
13 mércores
Menudencias
Tenderete (Euskadi)

Menudencias converteuse nun clásico do teatro de títeres. A obra recupera o ambiente das antigas pousadas da estrada onde peregrinos, aventureiros e bandidos acababan cruzando os seus destinos. Neste escenario Txikilicuatro, un bandido que escapou da cadea no coche do vendedor ambulante que tira dentes, optará por organizar outra banda con Puño, o aprendiz, e rescatar o botín do seu último roubo que aínda agarda na Cova de Salsepodes, custodiada pola Rocha Tola.
Información da compañía:
http://eltenderete.net/
- 11h
- Parque da Martela/ Localización
- Todos os públicos
A vella do gaiteiro
Títeres Alakrán (Galiza)

Esta montaxe, especialmente pensada para pasarrúas, utiliza unha figura tallada para crear a ilusión dunha dona que leva un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta vai acompañada de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura, xerando asombro e risa entre o público.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12:30h
- Paseo da Ribeira-Praza Castelao (itinerante) / Localización
- Todos os públicos
Basoa
Teatro Firulete (Navarra)

Preocupada porque a súa avoa sae, Uxue métese no bosque para pedir axuda. Encontros con seres da mitoloxía vasca iranlle achegando diferentes leccións, ata que atopa a Mari, a raíña da Natureza, que lle amosa que as respostas que busca son máis sinxelas do que pensaba. Unha fábula sobre a idea da morte que achega unha resposta alternativa, e quere facernos ollar o mundo por primeira vez a combinar títeres e obxectos, traballos de actuación e música en directo.
Información das compañías:
https://teatrofirulete.com/
- 13h
- Praia Tanxil / Localización
- A partir de 5 anos
O castelo dos fantasmas
Red Cloud Marionetas (Portugal)

A partir do conto popular “Xan sen medo”, Roberto explora un espazo físico, xeográfico e mental, nun castelo encantado enfrontándose a diferentas pantasmas e monstros na procura da princesa Rita. A combinar rutinas tradicionais con novas posibilidades e tramas dramáticas, a montaxe busca recuperar e redimensionar o repertorio tradicional do Teatro Dom Roberto con comedia ou mesmo un pequeno cabaret.
Información da compañía:
https://redcloudmarionetas.com/
- 20h
- Campo de Arriba / Localización
- A partir de 3 anos
Menudencias
Tenderete (Euskadi)

Menudencias converteuse nun clásico do teatro de títeres. A obra recupera o ambiente das antigas pousadas da estrada onde peregrinos, aventureiros e bandidos acababan cruzando os seus destinos. Neste escenario Txikilicuatro, un bandido que escapou da cadea no coche do vendedor ambulante que tira dentes, optará por organizar outra banda con Puño, o aprendiz, e rescatar o botín do seu último roubo que aínda agarda na Cova de Salsepodes, custodiada pola Rocha Tola.
Información da compañía:
http://eltenderete.net/
- 22:30h
- Campo de Arriba/ Localización
- Todos os públicos
14 xoves
Pituquito Literal
Trécola Producións (Galiza)

Unha peza de títere tradicional de cachaporra protagonizada por Pituquito, un rapaciño novo que goza do parque, dos amigos, da “pituquita”… mentras loita desde a súa inocencia contra unha chea de inxustizas que vai atopando no camiño. Trécola estrea esta nova obra e continúa a dar voz a través de Pituquito á rebeldía propia da adolescencia, tan necesaria nestes días e sempre.
Información da compañía:
https://trecolaproducions.com/es/
- 11h
- Parque de Santa Lucía – Asados / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Dona Barriga Verde
Larraitz Producións Artísticas (Galiza)

A compañía subverte o títere de cachaporra propoñendo, de xeito pioneiro, unha versión feminina da protagonista. Os conflitos de xénero cobran relevancia nunha montaxe que mantén a esencia dos números clásicos. Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence o medo e as inxustizas defendendo a súa integridade e o seu amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Espectáculo coproducido por Titiriberia no 2018.
Información da compañía:
https://www.larraitzurruzola.com/
- 13h
- Praia Tanxil / Localización
- A partir de 5 anos
Palestra: O Cego dos Monifates
Anxo García e Comba Campoi (Galiza)

Anxo García e Comba Campoi falaránnos sobre o tradicional xeito de contar historias con monifates que tiñan os cegos que percorrían noutros tempos as feiras en aldeas e vilas. Amosarán as imaxes ou documentos que conseguiron atopar sobre a parte teatral desta modalidade de representación con marionetas, constatando que as investigacións feitas ata o momento céntranse máis nos aspectos musicais, organolóxicos e literarios que na orixinalidade da posta en escena que representa están tradición.
- 17:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
Trogloditas
Tanxarina (Galiza)

Tres trogloditas invítannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Unha insólita función onde da man dos títeres e das súas habilidades máis primitivas, imos coñecer a forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación. Unha orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía que farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.
Información da compañía:
https://tanxarina.es/
- 19h e 21h
- Campo de Arriba/ Localización
- A partir de 5 anos
Lambe Lambe na Feira Vella
Os Monicreques de Kukas, Diáspora Teatro, Laboratorio Fantoche (Galiza)

Tres compañías galegas achégannos ao teatro máis pequeno do mundo, as caixiñas Lambe Lambe, que acollen unicamente un ou dous espectadores de cada vez para ver micro espectáculos. Os Monicreques de Kukas combinan a maxia dos títeres con mensaxes a prol da paz e do medio ambiente en SOS Emerxencia ambiental e Gernika. Laboratorio Fantoche amósanos en A bailarina a beleza na arte e na natureza, e como as historias nos transforman cando miramos a través dela. Memoria Material de Diáspora Teatro invita ao público a partir de 9 anos a explorar a relación íntima entre os obxectos e as lembranzas que atesouran.
Información das compañías:
https://osmonicrequesdekukas.com/
https://www.facebook.com/laboratoriofantoche/
- 19h a 21h
- Campo de Arriba/ Localización
- A partir de 5 anos
As Varietés do Barriga Verde
Varias compañías

O espectáculo de variedades tradicional que cada ano produce o festival pretende reproducir, desde unha perspectiva actual, os números que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Para a montaxe cóntase con profesionais con ampla experiencia, así como con novas compañías no ámbito dos monicreques. Nesta ocasión, Raquel López Cendán fará de fío condutor ás compañías Red Cloud Marionetas, Santi Prego, Trécola Producións, entre outras acompañadas pola música do cuarteto da Escola de Música de Rianxo.
- 22h
- Campo de Arriba/ Localización
- Público adulto
- Produción propia do Festival – ESTREA
15 venres
Alfombra máxica
Babaluva (Galiza)

Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo. Un espectáculo-instalación elaborado para favorecer o xogo que nos incita a deixarnos levar polos sentidos. A obra propón un espazo para ir á descuberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen. A actriz inicia unha viaxe á que despois convida a nenas e nenos a participar e os acompañantes a observar sen interferir.
Información da compañía
http://www.babaluva.com/en/
- 11:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Bebés con inscrición previa
- Inscricións: cultura@concelloderianxo.gal
Costureiriña bonita
A Cova das Letras (Galiza)

Unha peza inspirada nas costureiras e modistas dos anos sesenta amosa como este oficio foi evolucionando ao longo do tempo. A partir de testemuñas reais que se dedicaron ao oficio e de coplas e cantos pertencentes á tradición oral, a proposta convida a viaxar no tempo, a épocas e lugares máxicos a través da confección do vestiario. A manipulación de obxectos (máquina de coser, agullas xigantes, teas…) e algún títere de luva acompañan esta historia e a nosa protagonista, Lela.
Información da compañía
https://criscollazoactriz.gal/a-cova-das-letras
- 13h
- Praia Tanxil / Localización
- Publico familiar
- Coprodución co festival – ESTREA
Xogos e Kinetiko na Feira Vella
Viravolta Títereres, Trécola Producións (Galiza)

Seguindo a liña de recuperación de negocios de rúa e antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais de feira que se instalarán na Praza do Campo de arriba e estarán a disposición do público. Animacións de primeiro nivel como a ra e o pimpampun, os autómatas KINETIKO e máis xogos estarán a disposición do público de xeito gratuíto e con animación a cargo de voluntariado e persoal da asociación.
Información das compañías:
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://trecolaproducions.com/es/
- 18h a 20h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
Costureiriña bonita
A Cova das Letras (Galiza)

Unha peza inspirada nas costureiras e modistas dos anos sesenta amosa como este oficio foi evolucionando ao longo do tempo. A partir de testemuñas reais que se dedicaron ao oficio e de coplas e cantos pertencentes á tradición oral, a proposta convida a viaxar no tempo, a épocas e lugares máxicos a través da confección do vestiario. A manipulación de obxectos (máquina de coser, agullas xigantes, teas…) e algún títere de luva acompañan esta historia e a nosa protagonista, Lela.
Información da compañía
https://criscollazoactriz.gal/a-cova-das-letras
- 19:30h
- Campo da Bacariza-Isorna/ Localización
- Publico familiar
- Coprodución co festival – ESTREA
Bonecos
Red Cloud Marionetas (Portugal)

O espectáculo Bonecos propón unha creación que absorbe diversas influencias culturais de historias de orixe africana con títeres portugueses, europeos e africanos. Hai moitos anos, cando os animais vivían xuntos na mesma aldea, moitos se disfrazaban de humanos para escapar dos cazadores, e había humanos que se transformaban en animais para esconderse doutros depredadores, como o lobo, e así atacar mellor as presas. Hai que ter moito coidado, aínda hoxe, para saber se o raposo que temos diante é realmente un raposo ou se, pola contra, é unha persoa disfrazada de raposo. Ou mesmo un raposo disfrazado de persoa! Un espectáculo multiformato que explora o documental a combinar tecnoloxías “novas” e “vellas”.
Información da compañía
https://redcloudmarionetas.com/
- 21h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- A partirde 6 anos
- 5€
Brujas y Brujerías
Toti Martínez de Lecea, Gorka Hermosa, Edurne Zabalo (Euskadi)

Conservei a herdanza dos antepasados mentres os meus homes desaparecían en busca da balea, embarcados na aventura, ou inmersos en guerras alleas. Eu mantiven a facenda familiar; ocupeime da casa, dos fillos e fillas, dos anciáns, dos enfermos, das hortas e dos animais. Fun arrinconada e afastada das fontes do saber e, no entantato, transmitín a lingua, a palabra, a aprendizaxe non escrita, as crenzas, a tradición. Millóns de veces contemplei a saída do sol por encima das montañas e vino ocultarse no mar. Continúo aquí, do mesmo xeito que o carballo cuxas raíces se afunden no máis profundo e que estende as súas ramas cara ao ceo. Son o comenzo e serei o final. Rin e chorei, pero ante todo, amei, e amo, este recuncho do mundo xunto ao mar onde vivo, e morro.
Información da compañía:
https://www.aretxabaleta.eus/es/arkupe/agenda/brujas-y-brujerias
- 22:30
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
16 sábado
Teatro de mochila
Seisdedos Marionetas Tradicionais (Galiza)

O Profesor Endalecio, titiriteiro ambulante percorre o mundo cargando cun teatriño ao lombo, con el vai contando a “Verdadeira e fantástica historia do Medio Pito e do rei Pomporrompón que nin da nin quita nin pon”. Nesta historia coñeceremos como lles medrou a crista aos galos. O Profesor Endalecio vén sempre acompañado no seu camiñar do inimitable Arquímedes, o seu canciño sabio.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 12h
- Campo de Arriba / Localización
- Público familiar
- Coprodución co Festival – ESTREA
El país de Babia
El Ball de Sant Vito (Valencia)

Canso de sentirse parvo, o monicreque Mingo decide marchar da casa e emprender unha longa viaxe. Irá a unha terra estraña onde as cousas non teñen sentido. Alí terá que resolver os sarillos cos que se vai atopar, e entenderá que empregando a súa astucia pode vivir moitas aventuras e facer bos amigos. Adaptación de varios contos populares valencianos, representados con títeres de luva tradicionais. Un coche que se transforma en teatro serve de base para esta produción que conta con bonecos de madeira tallada e música en directo.
Información da compañía:
https://www.elballdesantvito.com/es/index.html
- 13h
- Praia Tanxil / Localización
- Público familiar
Lambe Lambe na Feira Vella
Os Monicreques de Kukas, Diáspora Teatro, Laboratorio Fantoche (Galiza)

Tres compañías galegas achégannos ao teatro máis pequeno do mundo, as caixiñas Lambe Lambe, que acollen unicamente un ou dous espectadores de cada vez para ver micro espectáculos. Os Monicreques de Kukas combinan a maxia dos títeres con mensaxes a prol da paz e do medio ambiente en SOS Emerxencia ambiental e Gernika. Laboratorio Fantoche amósanos en A bailarina a beleza na arte e na natureza, e como as historias nos transforman cando miramos a través dela. Memoria Material de Diáspora Teatro invita ao público a partir de 9 anos a explorar a relación íntima entre os obxectos e as lembranzas que atesouran.
Información das compañías:
https://osmonicrequesdekukas.com/
https://www.facebook.com/laboratoriofantoche/
- 19h a 21h
- Campo de Arriba / Localización
- A partir de 5 anos
Cantar do ano
Seisdedos Marionetas Tradicionais (Galiza)

Seisdedos Marionetas estrea un microespectáculo para a recreación da feira vella de Rianxo. Coa colaboración da Asociación, crea un cantar de cego ao xeito antigo co que narrará unha escolma de destacada actualidade rianxeira desde a pasada edición do festival. A invasión turística de cada verán, a crise da produción de marisco e outros feitos destacados atópanse nesta retranqueira proposta, que quere converterse nunha tradición local.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 20h
- Campo de Arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co Festival – ESTREA
Gori Gori
El Ball de Sant Vito (Valencia)

Mingo quere moito o seu avó, gústalle ir á súa casa e estar con el. Pero un día vai visitalo e o avó xa non está. Comeza así unha fantástica viaxe polas emocións, onde Mingo voará polo ceo, escavará nas profundidades da terra e enfrontarase a terribles personaxes para comprender o significado da morte… e o da vida. Segundo espectáculo de títeres de luva da compañía, no que se revive o famoso títere valenciano Mingo coa linguaxe do monicreque tradicional, representado nun teatro revolucionario dentro da práctica do monicreque de luva, e acompañado de música en directo e efectos electroacústicos.
Información da compañía:
https://www.elballdesantvito.com/es/index.html
- 21h
- Centro Sociocultural A Capela – Araño / Localización
- A partir de catro anos
17 domingo
El ladrón de sandías
Teatro Arbolé (Aragón)

Teatro Arbolé crea un teatro que anda, un teatro itinerante que quere recuperar unha profesión. Pelegrín é o protagonista deste teatro ambulante. Un personaxe que medrou coa complicidade de varias xeracións de crianzas e que conta con máis de 10 historias diferentes. É un títere aventureiro. Parente de Don Cristobal de Lorca, curmán afastado do italiano Pulcinella, dos ingleses Punch & Judy e mesmo do propio Monsieur Guignol de París, o noso Pelegrín dos Monegros é, sobre todo, un antiheroe. Ármase cunha vasoira como lanza, un sinal de tráfico como escudo e un funil como casco e, coma aquel Don Quixote, con astucia e golpes adoita saír dos seus problemas.
Información da compañía:
https://www.teatroarbole.es/
- 13h
- Praia de Tanxil / Localización
- Todos os públicos
Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón
Viravolta Títeres (Galiza)

Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos o cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra “Las galas del difunto”.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 20h
- Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)/ Localización
- Todos os públicos
Exposicións
Os Monicreques de Kukas

A histórica compañía de achega ao festival unha selección de deseños, carteis, escenografías e títeres, pezas que amosan parte do percorrido ao longo de máis de 45 anos destes pioneiros dos títeres galegos modernos, con bonecos de diferentes técnicas e estéticas que amosan a mestría dunha compañía que recibiu o Premio da Cultura Galega entre outros importantes recoñecementos. Para alén da inauguración, prográmanse dúas visitas guiadas da man da propia compañía, con inscrición previa.
- Do 12 de agosto ao 10 de setembro
- Inauguración: 12 de agosto 19:30
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- Visitas guiadas: 13 agosto 18h, 14 agosto 11h
- Inscricións previas: cultura@concelloderianxo.gal
Exposición Títeres nos Escaparates: 25 anos de Títeres Alakrán (Galiza)

Marionetas de variña, luva, fio ou mesa, arman un compendio de toda a carreira desta compañía. Auténticas esculturas de Borja Ínsua feitas en madeira ou cartón pedra, que se puideron ver en montaxes como Os soños na gaiola, O ferreiro e o diaño, Marionetas de fío ou mesmo en propostas doutras compañías que dan conta da versatilidade e da arte deste artesán e titiriteiro galego.
A AC Morreu o Demo co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios e comisariado pola firma de artesanía local Pedras de Papel realiza intervencións artísticas nunha ducia de comercios da vila a facer interactuar os títeres coas mercadorías en exposición.
A procura de Lupe é un xogo de pistas integrado na exposición. As persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival para entrar nun sorteo de produtos locais. Con estas iniciativas o festival quere contribuír a achegar a cultura a novos soportes ao tempo que pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade.
- Diferentes locais comerciais da vila e das parroquias de Rianxo
- Actividades desenvolvidas co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios
- Exposición do 22 de xullo ao 18 de agosto
- Máis información
Onde foi Barriga Verde?
Morreu o demo

Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
A arte dos Silvent
Morreu o demo

Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper; todos os representantes internacionais desta familia preséntanse nunha serie de paneis contextualizándoos e explicando a súa evolución e diferenzas.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
A grande familia do títere europeo
Morreu o demo

Quen foi a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de Galiza? De onde viñan, e como gañaban a vida?
Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así rendir homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras e artistas ambulantes.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
Dar vida coa imaxe. Fotografía de títeres por Manuel Silva
Manuel Silva (Bisgue) (Galiza)

O festival pon en valor o traballo de Manuel Silva Bisgue, fotógrafo local que colabora co evento desde 2022 a rexistrar as diferentes actividades de cada ano. Agora, compílase unha selección deste traballo a amosar o xeito no que a fotografía consegue outorgarlles vida e dramatismo a figuras estáticas como son os títeres.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Campo de arriba / Localización
Formación de públicos
Escola de títeres Barriga Verde
Curso: Dramaturxia da farsa
Santi Prego (Galiza)

Santi Prego, actor e titiriteiro. Profesor de historia das artes do espectáculo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG). Achegamento á farsa como xénero teatral carnavalesco, cómico e subversivo. Traballaremos con personaxes tipo, o corpo como ferramenta expresiva e estruturas básicas de creación escénica. Inclúe parte teórica con vídeos e parte práctica en grupo.
Máis información (galego)
Máis información (castelán)
■ Datas e horario: 13 e 14 de agosto de 10 a 14h
Día 13: Visita guiada á exposición Os Monicreques de Kukas
Día 14: Palestra sobre Os Cegos Monifateiros con Anxo García e Comba Campoi
■ Auditorio de Rianxo / Localización
- Prezo: 60€ sen aloxamento (25% de desconto ás persoas que fan parte do voluntariado do festival.)
- Inscrición: reserva por orde de inscrición e pago: info@barrigaverde.eu
- PRAZO: enviar solicitude con datos persoais de contacto antes do 9 de agosto
- DIRIXIDO A: +16 anos (persoas adultas con experiencia no eido do teatro amador ou profesional)
*Se alguén dispón de títeres ou máscaras pode traelos para practicar e compartir con quen non teña. Non servirán as técnicas de fío, pero si títeres de luva, humanette, bocón, etc.
*As persoas socias de UNIMA poden solicitar as becas de formación da entidade para asistir a este curso / secretaria@unima.es
Obradoiros

Obradoiros de creación e manipulación de títeres
Integrados nas actividades do Campamento de Verán do Concello de Rianxo. As crianzas participantes aprenderán a elaborar un títere de papel a partir de materiais de refugallo e adquirirán técnicas básicas de manipulación desta forma de marioneta. As pequenas dramatizacións creadas no obradoiro serán representadas cos monicreques pola propia cativada.
- 12, 13 e 14 de agosto, de 11 a 12:30h
- Campamentos de verán
Encontros postfunción
Con vistas a dar a coñecer entre o público as peculiaridades da artes dos títeres, o festival desenvolve unha serie de actividades de formación de públicos. Ao remate da función o público poderá conversar cos artistas de varias das compañías participantes sobre distintos temas, como a actualización, tamén en clave de xénero, dos contidos e das formas dos espectáculos tradicionais; sobre a vida titiriteira, os procesos de creación e a continua aprendizaxe en cada unha das producións.
- Do 12 ao 17 de xullo
- Varios lugares
O espectador cómplice
Toni Rumbau (Cataluña)

O director da revista Titeresante, crítico e investigador dos títeres a nivel internacional realizará apuntamentos críticos de todos os espectáculos e desenvolverá charlas persoais coas compañías participantes que o desexen a comentar puntos fortes e febles de cada espectáculo ou posibles opcións creativas. Ademais, participará dos encontros entre artistas e público a dinamizalos e achegar as súas propias perspectivas e coñecementos sobre o sector.
http://www.titeresante.es/
https://www.facebook.com/titeresante/
Voluntariado
Titiriberia quere ser un proxecto do conxunto da sociedade de Rianxo. Deste xeito, a organización desenvolve colaboracións como con Asociación Rianxeira de Empresarios, o Grupo de Teatro Airiños, a Escola de Música ou propostas creativas locais como Vai de Roda, a Asociación Ámbar ou Pedras de Papel, entre outras. Para alén destas colaboracións, o festival conta cunha rede de voluntariado aberta a todas as persoas interesadas en participar. As persoas voluntarias poden contribuír ao xestión do evento a desenvolver diferentes tarefas como:
- Apoio na atención ao público, en particular a nivel de accesibilidade e inclusión para todas as idades e diversidades.
- Colaboración na difusión do evento
- Contribución a tarefas loxísticas e atención aos equipos artísticos.
- Axuda no cumprimento dos compromisos de sustentabilidade social e ambiental do programa.
Os equipos de voluntariado recibirán formación específica sobre a xestión de públicos e a organización de eventos culturais para desenvolver estas tarefas. Ademais recibirán entradas e descontos para participar nas actividades de pago do evento, camisetas e outro merchandising que se edite do festival.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias no festival poden contactar coa organización no correo info@barrigaverde.eu
Sustentabilidade
Accesibilidade
Todas as funcións contarán con espazos reservados para persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida e con persoal de apoio para facilitar a participación. Prégase comunicación previa á organizacion de necesidades específicas para optimizar a asistencia. Todos os espazos nos que se desenvolven as funcións contan con baños nas proximidades. O persoal e o voluntariado da organización indicaranlle ao público.
Residuos e transporte
Haberá contedores selectivos para lixo nas proximidades dos diferentes espazos do festival. Animamos ao público a ser responsables coa xeración de residuos e a empregar no posible recipientes reutilizables.
Recoméndase ao público o emprego de medios de transporte non contaminantes para acudir aos espectáculos. Pasear por Rianxo é tamén un xeito de disfrutar o festival. Existen aparcadoiros vixiados para bicicletas (candadas por parte das persoas usuarias) e outros dispositivos de mobilidade persoal no espazo das funcións.
Idades
O programa especifica as idades recomendadas, a partir da información fornecida polas propias compañías, para cada unha das obras que se representan. Algunhas das funcións poden tratar temas de violencia, conflito social, sexualidade e outras cuestións. Fica á discreción das persoas adultas responsables a xestión da asistencia ás mesmas de menores.
Prezo
O acceso ás funcións gratuítas será libre e as localidades ocuparanse por orde de chegada. As entradas para as funcións de pago terán un prezo de 5 euros. Poderán adquirirse de xeito previo á función na mesa con merchandising ubicada no lugar de cada actividade do Festival. No mesmo día da función poden adquirirse no Auditorio. Aplicarase un desconto para quen adquire entradas para as tres funcións, que ficarán a un prezo de 12 euros.
Entradas sociais
As funcións de pago do festival contan cunha serie de entradas sociais reservadas para persoas con poucos recursos e destinadas a facilitar o acceso á cultura. Calquera persoa interesada pode se pór en contacto con Servizos Sociais do Concello para conseguir estas entradas. A súa distribución será en todo momento absolutamente confidencial.
Punto lila e arco da vella
O festival conta cun punto lila e un punto arco da vella para informar de calquera situación de discriminación por xénero, orientación sexual ou calquera outro suposto. Se detectas calquera situación de discriminación por razón de xénero, identidade ou orientación sexual, diríxete ao persoal da organización.
- Atención a vítimas de violencia de xénero: 016
- Servizos Sociais Rianxo – Axente de Igualdade: 981 860 061
- Policía Nacional – UFAM de Ribeira (Unidade Familia e Muller): 981870108 – 091
- Policía Local Rianxo: 981 860 625 – 609 862 222
- Garda Civil Rianxo: 981 860 023
- Emerxencias: 112
- Urxencias Médicas: 061
Teléfono da Muller: 900 400 273 Atención 24 h
Carné Xove
Todas as persoas usuarias do Carné Xove disporán dun desconto do 15% no prezo de todas as entradas.
