Do 18 ao 23 de agosto
18 martes
A festa dos títeres. Pasarrúas inaugural
Vai de Roda, Viravolta, Alakrán (Galiza)

Unha nova edición do desfile que serve de presentación ao festival polas rúas de Rianxo. A música do grupo Vai de Roda, o Xigante Barriga Verde de Alakrán e os cabezudos de Viravolta nun espectáculo itinerante que, ademais de animar a vila, representa historias populares a través desta tradicional forma escénica.
Información das compañías:
http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cat=4705
http://viravolta.e.telefonica.net/
https://titeresalakran.wordpress.com/
Vídeos: https://youtu.be/wxuwlPNC92M?t=62
- 12:00h
- Campo de arriba / Feira Vella (itinerante) / Localización
- Todos os públicos
- Produción propia do Festival – ESTREA
O xigante Barriga Verde
Coprodución Títeres Alakrán – Titiriberia (Galiza)

Unha nova produción deste xigante ambulante que representa o personaxe por excelencia do títere tradicional galego. A figura participará no pasarrúas, representando a súa chegada a Feira Vella pezas de monicreques que axudarán a achegar este personaxe e esta arte a novos públicos dun xeito orixinal.
Información da compañía:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 12:30h
- Campo de arriba / Feira vella (Itinerante)/ Localización
- Todos os públicos
Lambe-lambes na Feira Vella
Monicreques de Kukas, Títeres Babaluva, Diáspora Teatro (Galiza) e Rosa Encinas (Zamora)

Tres compañías galegas e unha de Zamora achégannos ao teatro máis pequeno do mundo, as caixiñas Lambe-Lambe, que acollen unicamente un ou dous espectadores de cada vez para ver micro espectáculos. Os Monicreques de Kukas presentan Divertimentum Musicum arredor da obra de Mozart e Sós, o mar, o Barco e máis nós (Poema visual sobre versos de Manoel Antonio). Rosa Encinas achéganos a historia do saltador Vladimir en I believe I can fly. Títeres Babaluva estrea a coprodución co festival Retratos de verán e Diáspora Teatro reflexiona sobre os obxectos e as lembranzas en Memoria Material. Os espectáculos estarán precedidos dunha intervención de Rosa Encinas, responsable do Festival Mamut, sobre as peculiaridades desta forma escénica.
Información da compañía:
https://osmonicrequesdekukas.com
http://www.babaluva.com/
https://www.facebook.com/rosa.encinas.3
- 18:00 a 20:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella / Localización
- Todos os públicos
Xogos na Feira Vella
Viravolta Títereres (Galiza)

Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional en Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais que estarán a disposición do público de xeito gratuíto. Animacións de primeiro nivel como a ra ou pimpampun contarán con animación a cargo de voluntariado e persoal da asociación, a incorporar este ano novos divertimentos.
Información das compañías:
http://viravolta.e.telefonica.net/
- 18:00h a 19:30h
- Campo de arriba / Feria Vella / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival
Treco-lerias
Trécola Producións (Galiza)
Trécola propón un espazo de xogo interxeracional cheo de trebellos no que recoñecer a grandes protagonistas do títere tradicional de cachiporra: Barriga Verde, Punch and Judy, Maese Guignol, Pulcinella, Don Roberto… Unha serie de pezas autómatas coas que recrear escenas clásicas xogando con distintos mecanismos.
Información das compañías:
https://trecolaproducions.com/es/
- 18:00h a 19:30h
- Campo de arriba / Feria Vella / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Inauguración e visita guiada á exposición Tanxarina 40 anos de monicreques (Galiza)

Unha das compañías decanas do teatro de obxectos de Galicia, Tanxarina, achega a esta edición do festival unha selección das pezas máis emblemáticas das súas catro décadas de carreira. Bonecos, teatriños, atrezzos, vídeos, fotografías e outros documentos propoñen un percorrido interactivo polas diferentes técnicas da arte dos monicrequeces, os materiais as diferentes formas estéticas e os recursos escénicos que a conforman a través da propia traxectoria da compañía.
Máis información:
https://titiriberia.com/2026/07/01/exposicion-tanxarina-40-anos-de-monicreques/
- Do 15 de xullo ao 3 de setembro
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Visitas guiadas: 18, 20 e 21 agosto ás 20:00
- Todos os públicos
A manos libres
Toni Rumbau (Cataluña)

A Manos Libres é a terceira obra da Triloxía das Mans, iniciada con A Dos Manos (1987) e continuada con A Manos Llenas (2009). Con esta nova produción, Toni Rumbau celebra cincuenta anos de práctica titiriteira. Trátase dun espectáculo en solitario que nace do cruzamento das dúas pezas anteriores, pechando a triloxía ao integrar e reordenar os seus contidos desde unha ollada renovada e unificadora. Nesta obra, o retablo convértese na alma do titiriteiro, un espazo interior no que habitan os grandes opostos da vida. Dese humus arquetípico xorden dous títeres, mentres as mans —fartas dos disfraces que xogan ás dualidades— deciden liberarse a través do humor e das pulsións libertarias e vitalistas propias da linguaxe popular dos títeres de sempre. A Manos Libres combina o teatro de títeres co teatro de sombras, dando continuidade a un camiño xa iniciado en traballos anteriores como A Manos Llenas ou a conferencia-espectáculo El Titiritero, el Doble y la Sombra. Dous rexistros expresivos que o autor domina profundamente e que explorou de múltiples maneiras ao longo da súa traxectoria artística, integrándoos aquí nunha proposta madura, poética e chea de liberdade.
Información da compañía:
https://www.tonirumbau.org/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- +8 anos
- 6€
19 mércores
Café con fest: conversa entre festivais
Titiriberia, Síntese e Mamut

Conversa entre os festivais Síntese (Vigo), Mamut (Zaragoza) e Titiberia (Rianxo). Representantes dos tres encontros presentarán os seus respectivos eventos e intercambiarán experiencias na organización deste tipo de encontros. Unha ocasión única para coñecer de preto o interior dun festival.
Información dos eventos
https://www.sintese.es/
https://www.facebook.com/p/Festival-Mamut-100069499479200/
- 10:00h
- Pazo de Martelo/ Localización
- A partir de 12 anos
Mamulengo galego
Seisdedos marionetas tradicionais (Galiza)

Unha fusión de tradicións titiriteiras con música ao vivo. Cachaporras das dúas bandas do Atlántico, Brasil e Galiza, atópanse nesta montaxe que recrea as vellas historias, sempre universais, daquel que enfronta as adversidades e vence máis polo enxeño que pola forza… aínda que esta tampouco falta.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 11:00h
- Campo Maneiro – Taragoña/ Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival – ESTREA
Birakolore
Zurrunka Teatro & La Semilla Voladora (Euskadi)

Basilio e Valeria son dúas persoas maiores que decidiron entrar en acción, talvez a acción da súa vida. Traerán ás nosas rúas o legado da sabedoría, o contacto coas plantas, coas sementes e coa natureza dos ciclos da vida. Un agasallo para as xeracións presentes e futuras. Tras recuperar do seu celeiro un vello carro, unha regadeira e os útiles necesarios para levar a cabo a súa iniciativa, eles descobren a paisaxe salvaxe que emana máis alá da orde urbana, que escapa ás normas achegándose á vida, lembrándonos que somos parte desta natureza. Plantan cores nas rúas das cidades ao tempo que sementan amor para as xeracións futuras.
Información da compañía:
https://zurrunkateatro.com/
- 12:00h
- Campo de Arriba / Praza Castelao (itinerante) / Localización
- Todos os públicos
Lambe-lambes na Feira Vella
Monicreques de Kukas, Títeres Babaluva, Diáspora Teatro (Galiza) e Rosa Encinas (Zamora)

Tres compañías galegas e unha de Zamora achégannos ao teatro máis pequeno do mundo, as caixiñas Lambe-Lambe, que acollen unicamente un ou dous espectadores de cada vez para ver micro espectáculos. Os Monicreques de Kukas presentan Divertimentum Musicum arredor da obra de Mozart e Sós, o mar, o Barco e máis nós (Poema visual sobre versos de Manoel Antonio). Rosa Encinas achéganos a historia do saltador Vladimir en I believe I can fly. Títeres Babaluva estrea a coprodución co festival Retratos de verán e Diáspora Teatro reflexiona sobre os obxectos e as lembranzas en Memoria Material. Os espectáculos estarán precedidos dunha intervención de Rosa Encinas, responsable do Festival Mamut, sobre as peculiaridades desta forma escénica.
Información da compañía:
https://osmonicrequesdekukas.com
http://www.babaluva.com/
https://www.facebook.com/rosa.encinas.3
- 18:00h a 20:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella / Localización
- Todos os públicos
Pulcinela Txio-txinela
Zurrunka Teatro (Euskadi)

Espectáculo baseado na antiquísima tradición napolitana de Pulcinella, adaptada aos tempos e ás reflexións actuais. Unha historia clásica sen data de caducidade.Pulcinela comparte connosco o seu xeito propio de vivir a vida, cheo de vitalismo, liberdade e dunha actitude incansable e orixinal fronte ás dificultades e probas que o camiño da vida lle ofrece. Conceptos como o amor, o poder, o egoísmo, a traizón, a vida e a morte convértense nos eixes dunha historia transmitida con poucas palabras e moita acción, a través dun humor hilarante, un ritmo trepidante e música en directo, onde non só as crianzas, senón tamén as persoas adultas, poderán conectar e gozar co seu ser máis sensible e inocente da maxia dos monicreques no seu estilo e esencia máis puros.
Deste xeito, Pulcinela convértese nun espello dos nosos sentimentos e vivencias polos que transitamos nos nosos días; ás veces cheos de amor, outras de medo, tristura ou ledicia, pero sempre cheos de posibilidades para aprender e medrar.
Información da compañía:
https://zurrunkateatro.com/
- 20:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella (itinerante) / Localización
- A partir de 6 anos
Pituquito Literal
Trécola Producións (Galiza)

Pituquito Literal consta de dúas pezas de teatro guiñol. Expolio será a primeira, na que Pituquito, coa súa astucia e lóxica, conseguirá bloquear todas as empresas que Millonetis monta para seguir enchendo o seu saco de cartos sen ter en conta a destrución da natureza que conlevan, logrando manter o seu contorno libre de expolio. Na segunda peza, contaremos cun Cupido moi moderno, cunha Demo namorada e con Pituquito, que por fin arrisca e se declara á súa mellor amiga. Veremos triunfar o amor inocente e sincero sobre a obsesión do amor manipulador co que a Demo tenta conseguir que Pituquito namore dela.
Información da compañía:
https://trecolaproducions.com/es/
- 20:00h
- Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)/ Localización
- Todos os públicos
20 xoves
Mamulengo galego
Seisdedos marionetas tradicionais (Galiza)
Unha fusión de tradicións titiriteiras con música ao vivo. Cachaporras das dúas bandas do Atlántico, Brasil e Galiza, atópanse nesta montaxe que recrea as vellas historias, sempre universais, daquel que enfronta as adversidades e vence máis polo enxeño que pola forza… aínda que esta tampouco falta.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 11:00h
- Parque de Santa Lucía-Asados / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival – ESTREA
Pulcinella en la plaza
Colectivo Lobishome (Andalucía)

Inspirada no teatro tradicional napolitano (guaratelle), que narra as aventuras de Pulcinella, un personaxe alegre e ruidoso que arma balbordo na rúa e acaba resolvendo os seus conflitos coa policía local (Juan o Lexionario) ao seu xeito, con humor e o clásico final.
- 13:00h
- Praia Tanxil / Localización
- A partir de 6 anos
Xogos na Feira Vella
Viravolta Títereres (Galiza)

Seguindo a liña de recuperación de negocios de rúa e antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais de feira que se instalarán na Praza do Campo de arriba e estarán a disposición do público. Animacións de primeiro nivel como a ra ou pimpampun, estarán a disposición do público de xeito gratuíto e con animación a cargo de voluntariado e persoal da asociación, a incorporar este ano novos divertimentos.
Información das compañías:
http://viravolta.e.telefonica.net/
- 18:00h a 20:00h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co festival
Treco-lerias
Trécola Producións (Galiza)
Trécola propón un espazo de xogo interxeracional cheo de trebellos no que recoñecer a grandes protagonistas do títere tradicional de cachiporra: Barriga Verde, Punch and Judy, Maese Guignol, Pulcinella, Don Roberto… Unha serie de pezas autómatas coas que recrear escenas clásicas xogando con distintos mecanismos.
Información da compañías
https://trecolaproducions.com/es/
- 18:00h a 20:00h
- Campo de arriba / Localización
- Todos os públicos
- ESTREA
Cantar do ano
Seisdedos Marionetas Tradicionais (Galiza)

Seisdedos Marionetas estrea unha nova edición deste microespectáculo para a recreación da feira vella de Rianxo. Coa colaboración da organización do festival, crea un cantar de cego ao xeito antigo co que narrará unha escolma de destacada actualidade rianxeira desde a pasada edición. A invasión turística de cada verán, a crise da produción de marisco e outros feitos destacados atópanse nesta retranqueira proposta, que quere converterse nunha tradición local.
Información da compañía:
https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/
- 19:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella / Localización
- Todos os públicos
- Coprodución co Festival – ESTREA
Menudencias
El Tenderete (Euskadi)

“Menudencias” converteuse nun clásico do teatro de títeres; obra en catro actos que recupera o ambiente das antigas pousadas da estrada onde peregrinos, aventureiros e bandidos acababan cruzando os seus destinos. Este escenario que Txikilicuatro, un bandido de singular talante que acaba de obter a súa liberdade escapando do cárcere no coche do vendedor ambulante que tira dentes, optará por organizar outra banda con Puño, o aprendiz, e rescatar o botín do seu último roubo que aínda agarda na Cova de Salsepodes, custodiada pola Rocha Tola.
Información da compañía:
https://www.facebook.com/profile.php?id=100065051226539
- 20:00h
- Centro Sociocultural A Capela – Araño / Localización
- Todos os públicos
O carteiro de Ximaraos
CDG e Monicreques de Kukas (Galiza)

Coprodución entre o CDG e Os Monicreques de Kukas a partir do texto orixinal de Carlos Labraña que recibiu o XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil coa proposta para a súa posta en escena do equipo artístico que recibiu o Premio Xuventude Crea na modalidade de teatro. Trátase dunha peza especialmente dirixida ao público infantil e familiar, que consegue achegar unha enfermidade complexa como o Alzhéimer con sensibilidade, intelixencia e respecto, converténdose nun exemplo de como o teatro pode ser ao tempo ferramenta pedagóxica, arte comprometida e espazo de encontro.
Información da compañía:
https://osmonicrequesdekukas.com/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- A partir de 8 anos
- 6€
21 venres
Cristobita y el novio de la muerte
Colectivo Lobishome (Andalucía)

Cristobita é un títere de cachaporra en paro. Sen dereito a subsidio, vese abocado a enrolarse na Lexión para gañar o pan. Alí compartirá aventuras con Juanito, valeroso militar e entusiasta poeta, coa cabra Paquita, insigne mascota do corpo e, por supuesto, coa propia Morte, a noiva de todo lexionario.
- 11:00h
- Campo de Arriba/Feria Vella/ Localización
- A partir de 6 anos
Menudencias
El Tenderete (Euskadi)

“Menudencias” converteuse nun clásico do teatro de títeres; obra en catro actos que recupera o ambiente das antigas pousadas da estrada onde peregrinos, aventureiros e bandidos acababan cruzando os seus destinos. Este escenario que Txikilicuatro, un bandido de singular talante que acaba de liberar a súa liberdade escapando do cárcere no coche do vendedor ambulante que tira dentes, optará por organizar outra banda con Puño, o aprendiz, e rescatar o botín do seu último roubo que aínda agarda na Cova de Salsepodes, custodiada pola Rocha Tola.
Información da compañía:
https://www.facebook.com/profile.php?id=100065051226539
- 13:00h
- Praia Tanxil / Localización
- Publico familiar
Conferencia/Documental/Espectáculo: Documentar o Marquês de Pombal
S.A. Marionetas (Portugal)

O recoñecido titiriteiro portugués José Gil presenta no festival o seu último proxecto. Un documental sobre a tradicional obra portuguesa de títeres sobre o Marqués do Pombal e a inquisición. O investigador repasa a xenealoxía desta peza con orixes medievais, os seus elementos constitutivos, e abre unha xanela á tradición galega ao establecer lazos cunha das pezas perdidas do Barriga Verde Galego, na que tamén se representaba unha adaptación desta obra. Ademais da conferencia, poderá verse o audiovisual Á água com eles e unha mostra da clásica peza O Marquês de Pombal e os Jesuítas
Información das compañías:
https://www.samarionetas.com/
- 19:00h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- A partir de 4 anos
A rosa de papel
Títeres Alakrán (Galiza)

O títere de cachaporra atópase co esperpento. Un encontro que non podía ser evitado dáse nesta produción que recupera a obra homónima de Valle-Inclán. A agonía e morte da Encamada e a procura que o seu home fai dos cartos que esta agochou son a base dunha obra na que a sátira atópase coas situacións extremas que caracterizan o dramaturgo arousán.
Información das compañías:
https://titeresalakran.wordpress.com/
- 21:30h
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Público adulto
- Coprodución co festival e ESTREA
- 6€
22 sábado
Encontro Titiriberia coa Andaina Solidaria en favor do Pobo Saharaui
Varias compañías
Diferentes compañías que participan nesta edición do festival encóntranse coas persoas participantes Andaina Solidaria en favor do Pobo Saharaui e mais coas crianzas acollidas no programa Vacacións en paz, que poderán coñecer o mundo dos monicreques.
- 12:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella / Localización
- Todos os públicos
Retrincos: Sabela e Peito de Lobo
Grupo de teatro Airiños (Galiza)
A veterá agrupación teatral de Rianxo dinamiza a Feira Vella de Rianxo a levar a escena unha peza de estrea. A partir do textos de Castelao este colectivo amosa o encontro entre Sabela e Peito de Lobo.
Información da compañía:
https://teatroairinhos.gal/
- 19:00h
- Campo de Arriba / Feira Vella / Localización
- Público familiar
- Coprodución co Festival – ESTREA
Teatro Dom Roberto
S.A. Marionetas (Portugal)

O Teatro de Robertos é unha das tradicións máis antigas das artes escénicas populares, con raíces na Commedia dell’Arte italiana do século XVI e posibles influencias das tradicións orientais. A compañía S.A. Marionetas, a partir do testemuño do mestre António Dias, un dos últimos fantocheiros populares portugueses, recuperou e recreou pezas emblemáticas deste repertorio tradicional. Este espectáculo nace coa vontade de preservar e manter viva esta valiosa herdanza cultural portuguesa para as xeracións actuais. Marionetista: José Gil.
Información da compañía:
https://www.samarionetas.com/
- 19:30h
- Campo da Bacariza-Isorna/ Localización
- A partir de catro anos
El juego del titiritero
Titiriteros de Binéfar (Aragón)

Charla espectáculo a cargo de Paco Paricio, referencia estatal do títere tradicional, para pais ou nais acompañados dos seus fillos. Divertimentos que ensinan a facer teatro, xogos tradicionais que axudan a crear personaxes ou a facer voces, mais outras divertidas destrezas de monicrequeiros atópanse nesta proposta. Finalmente, con simples cartóns crearase un boneco e remataremos movéndoo, iniciando o que podería ser unha función de monicreques.
Información da compañía:
https://www.titiriteros.com/
- 20:00h
- Campo de Arriba/ Feira Vella / Localización
- Público adulto
Varias compañías
As Varietés do Barriga Verde

O espectáculo de variedades tradicional que cada ano produce o festival pretende reproducir, desde unha perspectiva actual, os números que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Para a montaxe cóntase con profesionais con ampla experiencia, así como con novas compañías no ámbito dos monicreques. Nesta ocasión, Raquel López Cendán fará de fío condutor ás compañías Colectivo Lobishome,Trécola Producións, Larraitz Producións Artísticas ou o Grupo de Teatro Airiños, acompañadas pola música do cuarteto da Escola de Música de Rianxo.
- 22:00h
- Campo de Arriba/ Feira Vella / Localización
- Público adulto
- Produción propia do Festival – ESTREA
23 domingo
Teatro Dom Roberto
S.A. Marionetas (Portugal)

O Teatro de Robertos é unha das tradicións máis antigas das artes escénicas populares, con raíces na Commedia dell’Arte italiana do século XVI e posibles influencias das tradicións orientais. A compañía S.A. Marionetas, a partir do testemuño do mestre António Dias, un dos últimos fantocheiros populares portugueses, recuperou e recreou pezas emblemáticas deste repertorio tradicional. Este espectáculo nace coa vontade de preservar e manter viva esta valiosa herdanza cultural portuguesa para as xeracións actuais. Marionetista: José Gil.
Información da compañía:
https://www.samarionetas.com/
- 13:00h
- Praia Tanxil / Localización
- A partir de catro anos
Mesa redonda: Pervivencia do teatro medieval no teatro de títeres
Julio G. Montañés, Alba Grande e Anxo García. Modera Comba Campoi

Este encontro aborda, desde diferentes perspectivas, a decisiva pegada que as formas escénicas medievais deixaron no teatro popular de títeres. A actriz e titiriteira Alba Grande, o titiriteiro Anxo García e o investigador da historia das formas teatrais no noso país Julio Montañez fan un repaso por un legado que se mantén vivo nas formas dramáticas máis populares como é o teatro tradicional de títeres, pero que transcende con moito este espazo.
- 16:30h
- Auditorio de Rianxo-Sala Arcos Moldes / Localización
- A partir de 12 anos
En la boca del lobo
Titiriteros de Binéfar (Aragón)

Un xeito de falar da cultura popular a través do oficio de monecreiro. Máscaras, música e contos dan forma ao paseo dun titiriteiro e un músico por un bosque onde se atopan os viláns das fábulas: o lobo, a bruxa, o xigante, o bandido, o trasno e o gato.
Información da compañía:
https://www.titiriteros.com/es/en-la-boca-del-lobo-e12.html
- 20:00h
- Campo de Arriba/ Feira Vella / Localización
- A partir de 3 anos
Exposicións
Exposición: Tanxarina 40 anos de monicreques (Galiza)

Unha das compañías decanas do teatro de obxectos de Galicia, Tanxarina, achega a esta edición do festival unha selección das pezas máis emblemáticas das súas catro décadas de carreira. Bonecos, teatriños, atrezzos, vídeos, fotografías e outros documentos propoñen un percorrido interactivo polas diferentes técnicas da arte dos monicrequeces, os materiais as diferentes formas estéticas e os recursos escénicos que a conforman a través da propia traxectoria da compañía.
Máis información:
https://titiriberia.com/2026/07/01/exposicion-tanxarina-40-anos-de-monicreques/
- Do 15 de xullo ao 3 de setembro
- Auditorio de Rianxo / Localización
- Visitas guiadas: 18, 20 e 21 agosto ás 20:00
- Todos os públicos
Exposición: Marionetas de Trécola nos escaparates (Galiza)

Dez locais de Rianxo asociacións a ARE (Asociación Rianxeira de Empresas) acollerán entre 15 de xullo e 3 de setembro a exposición Marionetas de Trécola nos seus escaparates. Unha selección de pezas desta compañía, referentes dos títeres galegos con 44 anos de historia, comporán escenas nos establecementos participantes na iniciativa. Un auténtico repaso pola evolución dos títeres galegos da man de pezas de artesanía que aínda fan parte das montaxes deste grupo.
A AC Morreu o Demo co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios realiza intervencións artísticas nunha ducia de comercios da vila a facer interactuar os títeres coas mercadorías en exposición.
A procura de Lupe é un xogo de pistas integrado na exposición. As persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival para entrar nun sorteo de produtos locais. Con estas iniciativas o festival quere contribuír a achegar a cultura a novos soportes ao tempo que pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade.
Máis información:
https://titiriberia.com/2026/07/03/exposicion-marionetas-de-trecola-nos-escaparates/
- Diferentes locais comerciais da vila e das parroquias de Rianxo
- Actividades desenvolvidas co apoio da Asociación Rianxeira de Empresarios
- Do 15 de julho a 3 de setembro
Onde foi Barriga Verde?
Morreu o demo

Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
A arte dos Silvent
Morreu o demo

Quen foi a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de Galiza? De onde viñan, e como gañaban a vida?
Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así rendir homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras e artistas ambulantes.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
A grande familia do títere europeo
Morreu o demo

Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper; todos os representantes internacionais desta familia preséntanse nunha serie de paneis contextualizándoos e explicando a súa evolución e diferenzas.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Auditorio de Rianxo / Localización
Dar vida coa imaxe. Fotografía de títeres por Manuel Silva
Manuel Silva (Bisgue) (Galiza)

O festival pon en valor o traballo de Manuel Silva Bisgue, fotógrafo local que colabora co evento desde 2022 a rexistrar as diferentes actividades de cada ano. Agora, compílase unha selección deste traballo a amosar o xeito no que a fotografía consegue outorgarlles vida e dramatismo a figuras estáticas como son os títeres.
- Do 12 ao 17 de agosto
- Campo de arriba / Localización
Formación de públicos
Escola de títeres Barriga Verde
Curso: Manipulacion de marionetas. Teatro Dom Roberto
José Gil (Portugal)

A coincidir co XI Titiriberia, que se desenvolverá en Rianxo este verán, volve a Escola de Títeres Barriga Verde. Este espazo de formación para profesionais e persoas afeccionadas a esta arte conta nesta xeira co mestre portugués José M. Valbom Gil de S.A.Marionetas. O curso, que se desenvolverá entre os días 21 e 23 de agosto, achegará nocións básica do Teatro Dom Roberto, forma do portuguesa do títere de cachaporra estreitamente vinculado ao noso Barriga Verde.
Os obxectivos dunha acción de formación deste tipo divídense en dúas partes igualmente importantes: A historia da forma artística e a manipulación de marionetas. Nese sentido, abordarase esencialmente desde unha vertente técnica o traballo de marionetista (manipulador). No mesmo sentido, incidirase sobre aspectos xenéricos do teatro Dom Roberto, as súas orixes, evolución, e aspectos particulares da manipulación das marionetas, especificamente a manipulación de marionetas de luva.
Non se pretende, non entanto, formar actores/manipuladores, unha vez que tal cousa non sería posible, pero si transmitir a aqueles que dalgunha forma se interesan polo fenómeno da marioneta, sexa por circunstancias profesionais ou por mera curiosidade ou interese, os coñecementos técnicos, por unha banda, que lles permitan motu proprio desenvolver as súas capacidades como construtores de marionetas e por outra banda o contacto cos rudimentos básicos do traballo de marionetista ou manipulador, que lles permitan adquirir a capacidade de animar obxectos inanimados.
Dentro dos contidos trataranse cuestión como:
-Historia: Formas tradicionais de teatro de marionetas e a súa orixe. Evolución en Europa entre os séculos XVIII e XXI. O caso portugués.
– Contacto con formas animadas: Técnicas de manipulación. Rutinas. Espazo escénico.
– Escenificación: Expresión dramática e convivencia. Xogo dramático. Voz, corpo e equilibrio.
– Presentación dun pequeno xogo dramático.
Máis información:
https://titiriberia.com/2026/06/23/escola-de-titeres-barriga-verde-2026-manipulacion-de-marionetas-teatro-dom-roberto/
■ Datas e horario: 21 e 22 de agosto de 10:00 a 14:00 horas e 23 de agosto de 10 a 14h
Día 21:
19:00 Conferencia “o Teatro Dom Roberto” e proxección do documental “À água com eles” de S.A.Marionetas (Portugal).
20:00 Visita guiada á Exposición de Tanxarina (Galiza).
Día 22:
9:30 actuación Teatro Dom Roberto de S.A.Marionetas (Portugal), no Campo da Bacariza de Rianxo.
Día 23:
13:00 actuación Teatro Dom Roberto de S.A.Marionetas (Portugal), na Praia de Tanxil de Rianxo.
16:30 Mesa redonda: Pervivencia de teatro medieval no teatro de títeres con Julio G. Montañés, Alba Grande, Anxo García e Modera Comba Campoi.
■ Auditorio de Rianxo / Localización
- Prezo: 65€ sen aloxamento (25% de desconto ás persoas que fan parte do voluntariado do festival.)
- Inscrición: reserva por orde de inscrición e pago: info@barrigaverde.eu
- PRAZO: enviar solicitude con datos persoais de contacto antes do 9 de agosto
- DIRIXIDO A: +16 anos (persoas adultas con experiencia no eido do teatro amador ou profesional)
*Se alguén dispón de títeres ou máscaras pode traelos para practicar e compartir con quen non teña. Non servirán as técnicas de fío, pero si títeres de luva, humanette, bocón, etc.
*As persoas socias de UNIMA poden solicitar as becas de formación da entidade para asistir a este curso / secretaria@unima.es
Obradoiros

Obradoiros de creación e manipulación de títeres
Integrados nas actividades do Campamento de Verán do Concello de Rianxo. As crianzas participantes aprenderán a elaborar un títere de papel a partir de materiais de refugallo e adquirirán técnicas básicas de manipulación desta forma de marioneta. As pequenas dramatizacións creadas no obradoiro serán representadas cos monicreques pola propia cativada.
- 18, 19 e 20 de agosto, de 11 a 12:30h
- Campamentos de verán
Encontros postfunción
Con vistas a dar a coñecer entre o público as peculiaridades da artes dos títeres, o festival desenvolve unha serie de actividades de formación de públicos. Ao remate da función o público poderá conversar cos artistas de varias das compañías participantes sobre distintos temas, como a actualización, tamén en clave de xénero, dos contidos e das formas dos espectáculos tradicionais; sobre a vida titiriteira, os procesos de creación e a continua aprendizaxe en cada unha das producións.
- Do 12 ao 17 de xullo
- Varios lugares
O espectador cómplice
Toni Rumbau (Cataluña)

O director da revista Titeresante, crítico e investigador dos títeres a nivel internacional realizará apuntamentos críticos de todos os espectáculos e desenvolverá charlas persoais coas compañías participantes que o desexen a comentar puntos fortes e febles de cada espectáculo ou posibles opcións creativas. Ademais, participará dos encontros entre artistas e público a dinamizalos e achegar as súas propias perspectivas e coñecementos sobre o sector.
http://www.titeresante.es/
https://www.facebook.com/titeresante/
Voluntariado
Titiriberia quere ser un proxecto do conxunto da sociedade de Rianxo. Deste xeito, a organización desenvolve colaboracións como con Asociación Rianxeira de Empresarios, o Grupo de Teatro Airiños, a Escola de Música ou propostas creativas locais como Vai de Roda, a Asociación Ámbar ou Pedras de Papel, entre outras. Para alén destas colaboracións, o festival conta cunha rede de voluntariado aberta a todas as persoas interesadas en participar. As persoas voluntarias poden contribuír ao xestión do evento a desenvolver diferentes tarefas como:
- Apoio na atención ao público, en particular a nivel de accesibilidade e inclusión para todas as idades e diversidades.
- Colaboración na difusión do evento
- Contribución a tarefas loxísticas e atención aos equipos artísticos.
- Axuda no cumprimento dos compromisos de sustentabilidade social e ambiental do programa.
Os equipos de voluntariado recibirán formación específica sobre a xestión de públicos e a organización de eventos culturais para desenvolver estas tarefas. Ademais recibirán entradas e descontos para participar nas actividades de pago do evento, camisetas e outro merchandising que se edite do festival.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias no festival poden contactar coa organización no correo info@barrigaverde.eu
Sustentabilidade
Accesibilidade
Todas as funcións contarán con espazos reservados para persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida e con persoal de apoio para facilitar a participación. Prégase comunicación previa á organizacion de necesidades específicas para optimizar a asistencia. Todos os espazos nos que se desenvolven as funcións contan con baños nas proximidades. O persoal e o voluntariado da organización indicaranlle ao público.
Residuos e transporte
Haberá contedores selectivos para lixo nas proximidades dos diferentes espazos do festival. Animamos ao público a ser responsables coa xeración de residuos e a empregar no posible recipientes reutilizables.
Recoméndase ao público o emprego de medios de transporte non contaminantes para acudir aos espectáculos. Pasear por Rianxo é tamén un xeito de disfrutar o festival. Existen aparcadoiros vixiados para bicicletas (candadas por parte das persoas usuarias) e outros dispositivos de mobilidade persoal no espazo das funcións.
Idades
O programa especifica as idades recomendadas, a partir da información fornecida polas propias compañías, para cada unha das obras que se representan. Algunhas das funcións poden tratar temas de violencia, conflito social, sexualidade e outras cuestións. Fica á discreción das persoas adultas responsables a xestión da asistencia ás mesmas de menores.
Prezo
O acceso ás funcións gratuítas será libre e as localidades ocuparanse por orde de chegada. As entradas para as funcións de pago terán un prezo de 5 euros. Poderán adquirirse de xeito previo á función na mesa con merchandising ubicada no lugar de cada actividade do Festival. No mesmo día da función poden adquirirse no Auditorio. Aplicarase un desconto para quen adquire entradas para as tres funcións, que ficarán a un prezo de 12 euros.
Entradas sociais
As funcións de pago do festival contan cunha serie de entradas sociais reservadas para persoas con poucos recursos e destinadas a facilitar o acceso á cultura. Calquera persoa interesada pode se pór en contacto con Servizos Sociais do Concello para conseguir estas entradas. A súa distribución será en todo momento absolutamente confidencial.
Punto lila e arco da vella
O festival conta cun punto lila e un punto arco da vella para informar de calquera situación de discriminación por xénero, orientación sexual ou calquera outro suposto. Se detectas calquera situación de discriminación por razón de xénero, identidade ou orientación sexual, diríxete ao persoal da organización.
- Atención a vítimas de violencia de xénero: 016
- Servizos Sociais Rianxo – Axente de Igualdade: 981 860 061
- Policía Nacional – UFAM de Ribeira (Unidade Familia e Muller): 981870108 – 091
- Policía Local Rianxo: 981 860 625 – 609 862 222
- Garda Civil Rianxo: 981 860 023
- Emerxencias: 112
- Urxencias Médicas: 061
Teléfono da Muller: 900 400 273 Atención 24 h
Carné Xove
Todas as persoas usuarias do Carné Xove disporán dun desconto do 15% no prezo de todas as entradas.
