Paporrubio, Seisdedos e Trécola protagonizan a xornada de mércores no Titiriberia

Varietés do animalario

A asistencia ás actividades do Titiriberia 2021 implica a reserva obrigatoria de localidades en https://concelloderianxo.gal/reservas(preferente), ou no teléfono 981 100 688, nos prazos que se indiquen na publicidade específica de cada proposta.

Programa completo de Titiriberia 2021

Rianxo , 20 de xullo de 2021.-  O Festival Titiriberia. Festival de Títeres tradicionais, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, celebra até este sábado 24 de xullo a súa sexta edición en Rianxo. O festival desenvolverase así por segundo ano consecutivo no municipio rianxeiro, co obxectivo neste 2021 de estreitar lazos coa veciñanza, fomentar a implicación comunitaria e descentralizar a actividade para espallar a oferta por diferentes parroquias do municipio.

A programación de mañá, mércores 21 de xullo, incluirá un total de tres espectáculos. O primeiro deles correrá a cargo da compañía Seisdedos Animación, Titulada O cego dos monifates, a peza percorrerá de forma itinerante o Mercado na Praza de Castelao, entre as 11.00 h. e as 14.00 h. A obra preséntanos a un cego e monicrequeiro ambulante, que realiza as súas representacións usando a técnica tradicional do bululú na que o lazarillo manipula os bonecos oculto na capa do cego que tamén toca a zanfona. Así representan contos medievais e populares, romances históricos, romances de cego, pequenas pezas teatrais, cancións tradicionais e contos e narracións da literatura galega. 

Xa ás 12.00 h., no campo do Campo do Souto en Isorna, terá lugar a segunda cita da xornada. A compañía Trécola ofrecerá Sidulfo e o diaño. A obra fálamos dun home sen corazón que nin vive nin deixa vivir, até que aparece un aposto e elegante diaño cunha máxica proposta que solucionará todos os seus problemas. Esta sesión ofrecerase en exclusiva para a rapazada que asiste aos Campamentos de Conciliación do Concello de Rianxo, onde o festival tamén ofrece obradoiros de construción de monicreques.

Por último, ás 21.00 h., no Centro Cultural A Capela, Araño, a formación Paporrubio ofrecerá o espectáculo Variétes do animalario. Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras á que misteriosamente lle van desaparecen as froitas unha a unha.


Dez compañías en catro días

 O VI Festival Titiriberia despregará  a súa oferta por Araño, Isorna, Taragoña, Leiro, Asados e Rianxo  entre os días 20 e 24 de xullo grazas aos espectáculos que ofrecerán dez compañías, das cales oito son galegas (Larraitz Producións Artísticas, Seisdedos, Trécola, Paporrubio, Micromina, Indignati, Alakrán e Babaluva), unha catalá (La Fábrica Fantástica) e unha internacional, ao procederen os seus integrantes de Brasil e Exipto (Habib e Valeria).

Tamén che podería gostar...

A %d blogueros les gusta esto: